luns, 16 de xuño de 2008

O Rei Cantona




O luns é sinónimo de resaca futboleira. Aínda que se acabou a Liga os amantes o fútbol seguimos "enchufados" a costa da Eurocopa.
Hoxe quero poñer un video de un dos meus ídolos futbolísticos e para o meu gusto un dos mellores dianteiros da historia do balompé: trátase do francés Eric Cantona (xenio e figura) protagonista en todo momento tanto polo seu fútbol de "alto rango" coma pola súa "sangue quente" que lle causou máis de un disgusto.
Eric Cantona logo de ser o principal artífice de que o modesto Leeds United inglés gañase a Premier League fichou polo Manchester United e foi no clube de Old Trafford onde se forxou a súa lenda.
Eric, fixo que os "Red Devils" remontasen o voo na década dos 90 logo de un claro dominio do seu máximo rival o Liverpool na década anterior.
Para o recordo queda aquela patada de "Kung Fu" a un hincha rival logo de que este último lle votara té fervendo o francés.
Hoxe poñerei o Cantona bon, o das grandes ocasióms, o que me fixo vibrar a miles de kilómetros de distancia, 10 dos seus mellores goles.

Voltareime a recrear...

Saudos

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Bueno, tamén fai falta ser ben animaliño!! Un bótalle té fervendo ao outro e o outro devólvellas cunha patada de kung fu! Pero abráse visto?

E despois din que hai violencia no fútbol...con este panorama...

Unknown dixo...

A verdade é que cando se lle ía a pinza non tiña término medio, pero por máis que pasan os anos sígome preguntando o mesmo: ¿como conseguiu aquel afeccionado introducir té quente dentro do estadio? a verdade é que non lle encontro explicacion.

Saudos

Anónimo dixo...

Si, esa é outra! Faríao da mesma maneira que introducen o J&B os afeccionados agora que se viron tantos casos de botellas voadoras cara a cabeza dos porteiros... en fin, unha locura!

Saudos.