luns, 23 de xuño de 2008
Pistoletazo de saida para o "Sobrado On Tour 2008"
Onte comezou de xeito oficioso o "Sobrado On Tour 2008" ou o que é o mesmo, a xira de verán que nos levara ata que pase o San Froilán aló a mediados de outubro polos máis diversos lugares da xeografía galega.
Onte logo do subidón que nos deu a clasificación da selección para semifinais (xa era hora) comezaron as "excursións".
O primeiro lugar en visitar, un dos clásicos do principio do verán: as festas do San Xoán de Guitiriz. As orquestras que actuaban eran Ledicia (foto superior) de Ourense e os Player´s de Ferrol (estes últimos moi vidos a menos se miramos a gran orquestra que chegaron a ser).
As persoas encargadas de comezar o "On Tour 2008" fumos Lisardo, Pazitos, Oito e eu (nós coma veteranos no asunto das comisións de festas imoslle dando directrices a Oito porque quizáis nun futuro máis ou menos cercano lle toque andar coa carpeta debaixo do brazo pedindo para as festas...).
A verdade é que facía unha noite de auténtico escándalo, moita calor (unha noite criadora, como se diría por estas terras) e bastante xente no primeiro pase de Ledicia. Logo de ver 3 ou 4 cancións dos Player´s decidimos facer unhas "visitas" os diversos locais hostaleiros do municipio lucense: Titanic, Soa, Chart...
Fumos ver o peche de Ledicia (como non con "Dolores se llamaba Lola" coma derradeira canción) e logo a tomar o último a Disco Joker (que ten un porteiro que se parece moito o cantante de Orishas).
Así foi a noite.
Hoxe é o día do lume de San Xoán e toca churrascada e mañán o "Sobrado On Tour 2008" ten unha cita moi importante pois están en Guitiriz Os Satélites e Trébol e deseguro que non imos fallar, ademáis dame a min na alma que mañá o grupo será moito máis numeroso pois non debemos olvidar que o batería da Trébol (Pablo Espido) é de Sobrado e alí estaremos apoiando a morte ata que faga un "sólo" coma o que nos deleitou o ano pasado nas Festas dos Dolores cando era batería de Troco.
Segundo vaian pasando os días iranse integrando máis unidades á "xira", co mes de xullo chegarán unha serie de personaxes altamente perigosos que prometen ir de festa rachada ata que as orquestras toquen outra e outra e outra e outra máis: xa sabedes o dito "SI NO TOCAN OTRA, PINCHAMOS EL CAMIÓN...", je je je.
A verdade é que se apreta a axenda: o venres hai que ir a miña segunda terra (Présaras) a ver a Tekila e a Charleston Big Band, sábado o mediodía comeza o San Pedro en Sobrado que durará ata o luns o mediodía e a partires do 1 de xullo comeza "a dureza".
AVISO A NAVEGANTES: NÉGOME A SAIR OS LUNS E OS MÉRCORES!!!
Dito todo isto, queda oficialmente inaugurado o
SOBRADO ON TOUR 2008
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Tes unha axenda ben apretada! Con tanta festa non das feito.
Eu estarei recluída no cuarto, tostándome ó calor do flexo no escritorio estudiando duramente para o último asalto do venres. Pero pola noite comezo o meu tour particular, que está Panorama en Porzomillos (Oza dos Ríos) e é unha boa maneira de inaugurar as hollidays.
Por certo, que che pareceu Ledicia???
Ledicia gustoume bastante. Boa posta en escea, bo son, unha orquestra moi pero que moi decente. Debo dicir que me sorprendeu gratamente, se pertencera a oficina de Lito estaría no conxunto de Jerusalén, Fania, Gran Parada, Versalles... é dicir, das medianas tirando a boas.
Agardo voltar a vela este verán.
Saudos
Preguntábacho porque eu vina dúas veces o verán pasado, xa que unha das súas cantantes (que agora está en Philadelphia) é amiga miña, e gustárame bastante. Facían unha verbena moi animada, cun pouco de todo en canto a estilos, e quería saber se seguían na mesma liña. Polo que leo si.
Por certo, que o seu baixista do ano pasado, Pablo Azcárate, está agora nunha desas que tanto che gustan a ti: Olympus jeje.
Saudiños.
Si a verdade é que a medida que foi pasando o verán pasado, Olympus foime gustando máis e máis. A miña favorita segue sendo Panorama pero hai que recoñecer que Olympus xa lle recurtou moita distancia e vai camiño de ser a mellor orquestra de Galicia (se non o é xa).
Onte vin a Satelites e Trébol, Satélites na súa liña de sempre, bo son do metal pero séguelle sobrando o pachangueo.
Trébol mellorou con respecto o ano pasado e o son que se percibe no público chega máis limpo, o ano pasado vin a Orquestra Trébol unhas 3 veces e debo dicir que non me gustou nada sobre todo porque non soaba ben.
Este ano vexoa mellor.
Saudos
A min a Olympus non é que entusiasmara tampouco, gustábame porque unha orquestra grande e desas características sempre ten algo que che chama a atención. O que non soportaba deles o ano pasado era o son: vinos dúas veces e a segunda tiven que marchar antes de que acabaran do que me doían os oídos. Estaban altísimos. De feito cando tocaron no San Roque en Betanzos disque houbera queixas dos veciños porque aquilo era atronador.
Este ano vinos un par de veces tamén pero antes de estrear o repertorio novo. E debo dicir que en son melloraron moito, porque logrei estar en primeira liña diante do palco sen quedar xorda. E iso xa é un adianto.
Co espectáculo novo aínda non tiven ocasión de velos, pero só por velos colgados coa carapucha branca xa teño ganas de ir a velos jejeje. A ver a que arman este ano.
En canto a Os Satélites, se a eles non lles soan ben os metais, a ver a quen lle van soar, porque se non recordo mal teñen 7!! (Claro que ás veces vale máis ter unha trompeta soa que soe ben e non un exército enteiro de cornetas...)
Polo de agora pouco máis che podo dicir, porque o meu tour verbeneiro aínda non comezou.
Saudos.
Publicar un comentario