martes, 17 de xuño de 2008

Facendo as previas do "On Tour 2008"

Abad, Nando, eu e Alvaro no Kemais
O Muxico escoitando e Trukito comentando que o luns ía tomar un café a Matogrande



Comisión 2007 e 2008 na Base



María, eu e Yoly agardando a que Pirulo se decida a quitar a foto






María, eu, Pichi e Yoly vacilando a Pirulo






Os casados para a casa! que non son horas!






Pirulo, María e Yoly patrocinados por Profident









María e Yoly co pequeno da saga Santos
O sábado foi un día moi intenso. Logo da festa de Cabrui do venres (por certo, moi ben Tekila) tocou unha tarde diferente: primeira ver o partido da Selección en Ramiro e cando acabou, Pedino, Karn8 e eu decidimos ir facer uns cortos ata Guitiriz. A esto das 21:30 horas soame o teléfono (era o hiperactivo Nando de Cabado) preguntandome se imos de cea o Xaneiro (Toques), dixenlle que chamara o persoal, que eu ía sen problema e total que o final coincidiu que fumos cear "4 pes para un banco", ou o que é o mesmo: Nando, Álvaro, Pichi e eu.
Logo da cea, fumos ata o Godiva e logo entramos no novo pub de Melide "Mystic" se chama (antiguo Grease), tomamos un "zumo" e marchamos para o Kemais?, alí tomamos varias rondas e como non, por cortesía de Alberto uns chupitos de Ballantines Etiqueta Negra (que maneira de quitar resfriados...), logo de unha estancia considerable no local cambiamos de pola para a Base, alí tamén estivemos bastante tempo e Ramón non parou ata que tomamos a volta da casa, grazas Ramontxu!
De seguido, o vendo o tarde que era decidimos ir xa para a Palladium, sen pasar polo Nexus nin polo Nefertari, na disco case se nos fai de día (ou mellor dito) fíxosenos de día. Logo de alimentarse volta para a casa, xa se vía sen falta de accender a luz.
Chegamos reventados pero xuro que me rin moito, moito, moito.
Queda claro que se non adestramos como é debido para o "Sobrado On Tour 2008" non imos dar o nivel e no mes de agosto imos pedir papas, polo tanto agora xa comezou o duro.
Sábado teño voda (misa en Teixeiro e comilona no Pazo de Vilar de Ferreiros), o luns San Xoan que este ano aínda que vai ser liviano é un día especial e tamén comezan as festas en Guitiriz que duran ata o día 26, o 28 xa comeza o San "Peter" en Sobrado ata o día 30 que é festivo eiquí. Logo xa comeza o mes de xullo e apretase a axenda.
Vamos, que xuntos PODEMOS (ir a de troula sen parar)
Saudos

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Ti e mailas festas moi ben vos levades jeje. Desfruta do verán!

Saudos.

Unknown dixo...

As festas e eu? que va muller!!!! levámonos fatal! je je je. Non nos podemos nin ver diante.

O mesmo digo, disfruta do "summer" a tope.

Saudos