martes, 10 de xuño de 2008

A punto de cumprir un aniño na rede


O vindeiro sábado, o 14 de xuño cúmprese un ano desde que este blog está en funcionamento. Evidentemente se non fose polo apoio de todos os que estades ahí día si e día tamén non sería posible este "invento".
Quero agradecer a tod@s os que me ledes todos os días e en especial os que argumentades nos comentarios dos post. Entre todos facedes que O Blog de Víctor Lato sexa moito máis ameno e divertido.
Prometo mellorar os post (ou intentar facelo) e que sexan o máis entretidos posibles para que esta bitácora non sexa un coñazo.
Quedanme moitas cousas por contar, que unhas veces por falta de tempo e outras por falta de inspiración non dou expresado como debería polo que vounas pospoñendo para días máis inspirados. Con todo, neste divertido mundo de contar cousas, síntome un privilexiado o ver que hai bastantes visitas diarias.
Sodes fonte de inspiración e iso motiva a calquera.

MILLÓNS DE GRAZAS A TOD@S


P.D: a foto que ilustra este post é unha tarde de Mousse de Chocolate (a miña favorita) do Rei das Tartas de Mondoñedo.
Penso que neste primeiro aniversario a ocasión mereciao..., je je je.

SAUDOS

19 comentarios:

Anónimo dixo...

GRAZAS A TI ¡¡¡ E entretido lerte , noraboa polo ano cumprido, E QUE SEXAN MOITOS MAIS.... .

APERTAS AGARIMOSAS . EVA .

Unknown dixo...

Grazas polos eloxios. O sábado que é o día que se cumpre o ano tereille que tomar algo para celebralo..., je je je.

Agardemos que si, que este blog teña unha longa duración e que tod@s o vexades.

Apertas para ti tamén.

Anónimo dixo...

Eu tamen entro a miudo no teu blog. Estou dacordo con Eva, e moi entretido lerte. Non te coñezo pero gustame moito o teu blog.

Noraboa Victor!!

PD: Por certo o meu nome e Sara

Unknown dixo...

Grazas a ti tamén Sara, é maravilloso, non sabía que había xente a cal non coñezo persoalmente e me lee de xeito habitual, é todo un orgullo para min.

MIL GRAZAS.

Anónimo dixo...

lucia dijo...
distinto tu blog, me gusta
saludos

Unknown dixo...

Grazas a ti Lucía tamén, estou flipando, xamáis pensei que me leera tanta xente, non sei que dicir.


GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS.

Anónimo dixo...

Ei que falto eu posteando aquí!!!

Xa sei que ai uns días que ando desaparecida desde teu recuncho cibernético, pero é que os meus exames absórbenme. De todas maneiras en canto teña un pedazo libre prometo porme ó día nos post que teño sen ler e postear!

Qué máis dicirche Víctor? Neste ano que levas contándonos cousas tan divertidas, curiosas, amenas, xa que che dixen moitas veces que merece a pena lerte porque me entretés con isto, entérome de cousas curiosas(como o estudio ese que revela que á maioría dos españois lles gusta máis o fútbol que o tracatrá xD) e sigo léndote porque tamén é un gustazo que a persoa que escribe o blog agradeza desa maneira que fas ti os comentarios que recibe. Calquera pode escribir no teu blog e contar o que lle pareza, e iso nos tempos que corren é de admirar. E máis se quen che escribe é un descoñecido, descoñecida neste caso ;-)

Sen máis, GRAZAS A TI POR ESTE ANO NA REDE!! E que sexan moitos máis, que eu se Deus quere seguireite lendo e posteando.

Bicos!!

Anónimo dixo...

Noraboa polo ano cumprido co flog..de todas formas non tes k emborracharte para celebrarlo k ti por ir de festa e beber celebras o nacemento dunha flor no xardín..jaja

bicos e o dito enoraboa!!

Unknown dixo...

Grazas Vero: é entendible que non postees pois os exames están a orde do día e hai que darlles duro. Grazas por estar ahí un día si e outro tamén.

Anónimo/a: vexo que me coñeces, sabes que me gusta a festa. Podes descubrirte e dicir quen eres que eiquí non cobramos nada por dar os nomes! je je je, é broma, mil grazas unha vez máis a todos/as e a seguir posteando.

Saudos a todo o Mundo.

Esteban dixo...

Noraboa Lato, xa vai un aniño de historia, e valla historia... Segue asi compi. Felizidades

Son Esteban

Anónimo dixo...

Joder Lato coma sigas asi calquera dia vas velo papa e pruguntan quen e o tipo de blanco que esta con victor,

Unknown dixo...

Obrigado Esteban, espero que os meus post sirvan para divertir a xente e facer olvidar aínda que sexa por un anaco os momentos malos.
Grazas por estar ahí!


Je, je, je, anónimo, moi ocurrente, estache ben o chiste.
Grazas a verdade é que sodes todos xeniais.

Saudos.

Álvaro dixo...

Felicidades figura!!!Graciñas pola felicitación de cumple, aínda a vin hoxe porque ando un pouco liado e non teño tempo de entrar no teu blog.
Animo Lato tes que dar o salto do blog a gran pantalla, mira o teu veciño, JE JE JE!!!!

P.D.:que tes pensado facer os meses de xullo e agosto?????XA QUEDA POUCO PARA PASALO GUACHI!!!!!!!!

Unknown dixo...

Thank you Profe. Non te preocupes, entendendote, é normal que estes liado, segundo teño entendido tes as aceras de Fisterra gastadas de dar paseos..., ja ja ja.
Superar a Super-Mega-Petete é unha tarefa complicada, ja ja ja, é un tío moi mediático e co micrófono desenvolvese as mil maravillas (que llo pregunten o autobús de Esteban na despedida de Pirulo).

El verano se aproxima "calentito" je je je, era o que nos faltaba, ti 2 meses de vacacións e eu con un horario moi accesible e incitador para ir as festas (xuntase a fame e as gañas de comer). Ti eres dos que me vas a axudar a facer o informe crítico aló polo mes de outubro das orquestras todas.

Cuidado co SOBRADO ON TOUR 2008 que promete e moito.

SÚBELO!!!!!!!!

Anónimo dixo...

tiene buena pinta lo de sobrado en tour , cuesta mucho hacerse socia, me lo estoy pensando jajaja
a ver si coincidimos

Unknown dixo...

Si, la verdad es que el SOBRADO ON TOUR ´08 promete. No cuesta nada hacerse socio/a, solo tener ganas de pasarselo bien,ja ja ja.

Saludos.

Anónimo dixo...

Noraboa Victor polo blog e todo o que inclúes nel pois fas que toda a xente que entra nel por primeira vez volva a repetir porque realmente é moi entretido.

Saúdos.
David Castro.

Unknown dixo...

Grazas David polas túas verbas, síntome moi orgulloso de haberte tido de compañeiro de clase no I.E.S. de Curtis, je je je.
Vaia recordos ehhh! ja ja ja.

Nunca olvidarei a Echenique: "oz quedeiz callaz?" je je je
"te vaz a id pada fueda eh!"
ja ja ja

Vaia crack!

Un abrazo tio.

Anónimo dixo...

Eu tamén tiven un profe que se apelidaba Echenique!!!!!! A ver se vai selo mesmo... Non estudiei no IES de Curtis, pero aínda así el pode ser o mesmo... xa sería boa coincidencia!