xoves, 5 de xuño de 2008
A 1ª Reunión Moteira de Sobrado foi un éxito
A Comisión de Festas 2008 organizou a 1ª Reunión Moteira no Concello de Sobrado. Houbo 104 participantes entre quads e motos. O evento asistiu xente de diversos lugares de Galiza e o índice de participación foi moi alto.
A saida tivo lugar na explanada do Pavillón Polideportivo e os participantes xantaron no alto da Cova da Serpe, onde o Concello de Sobrado e o de Guitiriz unen os seus destinos podendo disfrutar de unha preciosa paisaxe.
O equipo de endurogalicia.com tamén estivo en dita reunión polo que gravou videos e deixou instantaneas para inmortalizar o momento.
Eiquí vos deixo un video que endurogalicia acaba de colgar fai poucos días na rede, tamén insertarei fotos en vindeiros post xentileza da Presidenta da Comisión de Festas Yolanda Espido.
Saudos moteiros.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
UN EXITO ¡¡¡ , MEU IRMAN PARTICIPOU E DE FEITO , na sua categoria creo que gañou... jajaja.
APERTAS . EVA .
Xenial!!!! noraboa o teu irmán por tan meritorio posto, Eva.
Saudos dende as terras do císter.
Publicar un comentario