Os datos que reflicte a enquisa de maio onde se preguntaba que consideraban os lectores de este blog que era a lacra do século XXI son contundentes:
Os periodistas ocupan o primeiro lugar con un total de 46 votos sobre 108 totais, é dicir, un 42% dos votos. Quizáis programas como Está pasando (foto superior) axudan a opinar de este xeito.
As drogas ocuparon un destacado segundo lugar con 34 votos, o que supón o 31% das votacións totais. Un tema que segue a xerar controversia e no que hai opinións para todos os gustos.
O terceiro lugar están os políticos, uns clásicos en este tipo de enquisas con 15 votos, o 13% dos votos totais.
A S.I.D.A. ocupou o cuarto lugar, un problema que parece que remitiu nos últimos anos a pesares de que segue a estar ahí, con tan só 8 votos, un 7% do total.
Xa por último, en quinto lugar quedou a televisión con uns pírricos resultados: 3 votos, ou o que é o mesmo o 2% das votacións totais.
Temas coma o alcohol, o tabaco, o teléfono móbil ou internet apenas tiveron votación nesta enquisa.
Polo tanto, penso que algun tipo de periodismo (non todos) teñen que cambiar visto o que opina o persoal, eu penso que os programas onde se adican a poñer verdes os famosos e "darlles bola" fanlle un flaco favor a unha profesión tan respetada e tan importante coma a de periodista.
Nada máis, grazas por participar na enquisa de este mes, e agardo que para a do mes de xuño sigades votando en tanta cantidade.
Grazas.
3 comentarios:
No si, os "periodisas" do papel cuché son un caso. O alucinante é a cantidade de cartos que se moven nas excluisivas!!! Agora dicir que se é periodista xa case non da o prestixio que caracterizou sempre a esa profesión, se non que se identifica cun gremio de entremetidos que só esperan ter unha notica morbosa para saír nos medios. como di Tucho: Asco de país!
Pois si, a verdade é que un sector do periodismo (menos mal que non todo) estase encargando coas súas actitudes que moitos televidentes comecen a odiar esta actividade pois o único que fan é entrometerse onde non os chaman e non informar como é debido. Sincermente a min non me importa se Isabel Pantoja está namorada de Julián Muñoz ou se Paquirrín vai a mil festas, non creo que os periodistas lle deran pasta para gastar...
Totalmente de acordo con Tucho.
É que esto é unha auténtica vergonza. A dónde iremos parar?
Publicar un comentario