mércores, 11 de xuño de 2008

Un día moi especial


O 11 de xuño non é un día calqueira na miña familia. O 11 de xuño é a data de aniversario de vodas dos meus pais polo que evidentemente é unha data moi pero que moi especial.
Hoxe cumplen 31 anos de casados (felizmente) e desexo de todo corazón que poidan cumplir moitísimos aniversarios máis.
O 11 de xuño de 1977 Ovidio e MariCarmen decidiron casar, sen dúbida que foi un día de moita festa para os meus avos. A meus avós maternos casábaselle a única filla que tiveron e a meus avós paternos o único fillo dos dous que tiveron que se casou (o outro segue solteiro e dame a min que este ano aínda non lle toca..., je je je). Polo tanto era unha celebración irrepetible para ámbalas familias.
O chegar o feliz matrimonio, meus pais decidiron asentar a súa residencia en Sobrado (de onde é natural miña nai) polo que a Ovidio tocoulle coller os "bártulos" para vir dende Présaras (Vilasantar) para a "ciudad" como lle digo eu..., qué malo son.
Xusto 11 meses despois, o 11 de maio de 1978 aparecín eu nunha calurosa mañán as 08:45 horas (como vedes a miña familia está moi arraigada o número 11) pero polo que se ve, debinlles dar moito a lata ós meus pais pois non trazaron de ter máis fillos, nin ir pola "parelliña" nin nada de nada (a pesares da miña insistencia en que quería ter un irmán para xogar con él o fútbol).
O tempo pasou, meu pai conta agora con 53 anos e miña nai con 51, están felizmente casados logo de 31 longos anos (algo impensable nunha parte importante dos matrimonios de hoxe en día) onde compartiron máis alegrías que penas (grazas a Deus). Xamáis lles poderei pagar nin devolver todo o que fixeron e fan por min pois son realmente uns "cracks" e o único que "aínda hoxe" lles reprocho é que non me houbesen "traido" un irmán para xogar, je je je.
Bueno agardo que o celebren, pero por favor, agora QUE NON SE LLES OCURRA IR A POR UN IRMÁN QUE XA NON ESTÁN EN IDADE!!!!! je je je.
O dito
FELICIDADES PAPÁS!!!!!! QUE CUMPRADES MOITOS MÁIS!

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Felicidades os teus pais! Eu tamen son filla unica, e me encantaria ter irmans pero os meus pais xa non estan en edade de ter fillos, eles xa teñen moitísimos anos. Casi todos os amigos dinme, que sorte todo para ti! pero non me importaria nadiña repartirlo.

Saudos!!!

PD: Son Sara, espero postear mais amiudo

Anónimo dixo...

UN IRMAN E ALGO MOI MOI MOI FERMOSO.

NORABOA AOS TEUS PAIS E QUE SEXAN MOITISIMOS MAIS¡¡¡ e ti que os sigas vendo tan ledos .

APERTAS . EVA .

Unknown dixo...

Sara a min tamén me din o mesmo "todo para ti" pero a verdade é que penso que a ningún fillo único lle importaría compartir con tal de ter un irmán.
Grazas polo teu comentario.

Que Deus te escoite Eva. Grazas por postear.

Saudos as dúas.

Anónimo dixo...

Vamos, que daquela ti es o que se di un partidazo non? jejejeje é broma.

Moitas felicidades a teus papis e que todo siga igual de ben por moitos anos (ahora un fillo xa non, pero un neto igual lles cae....jiji).

Unknown dixo...

Partidazo eu? Non oh! para nada, je je je.
O neto creo que non só depende de min e dame que de momento coma que non..., ja ja ja.

Saudos.

Anónimo dixo...

Claro, partidazo porque es fillo único! jeje.

O do neto... tes razón, es moi novo pa cambiar cueiros xD