xoves, 12 de xuño de 2008
Pásame la Botella
Seguimos con recordos do verán 2007. Desta volta, o post vai adicado a Pichi e tamén a Pirulo pois esta foi a canción oficial da súa despedida de solteiro feita no mes de xullo en Asturias (concretamente en Oviedo e Xixón) o último fin de semana do citado mes.
Sen dúbida unha despedida inolvidable para todos os que fumos participes dela.
O videoclip que hoxe temos é o video oficial da B.S.O. da despedida de Pirulo (nada de "te casaste, la cagaste..., nin nada de eso, Pichi buscou a orixinalidade en "Pásame la Botella")unha canción que marcou unha época en Sobrado e que de vez en cando, os días de moita festa, aínda nos seguimos acordando dela.
A canción pertence os panameños Match&Daddy, un reggaeton dos típicos do Caribe Mix que non nos diría nada especial se non fose polas risas que nos votamos coa interpretación particular (estilo rumbeiro) do gran Finito de Vilariño.
Pois nada, adicado a Pirulo, a Pichi, o sombreiro que este último portaba cando cantaba e a todos os que estivemos na despedida asturiana.
P.D: como diría Pedino: "non hai sidra aquí ou qué?"
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
GRANDES RECORDOS O DAS DESPEDIDAS DE SOLTEIROS ¡¡¡ , inda que eu son da idea de facer a despedida de solteiro , sen necesidade de solteiro......¡
APERTAS . EVA .
Totalmente de acordo Eva, a verdade é que é moi boa idea.
Tereillo que plantexar os colegas a ver que lles parece a idea (seguro que moi ben), ja ja ja.
Saudos.
jajaja que risas nos temos botado as miñas amigas e máis eu con esta canción o verán pasado!! Non estabamos nesa despedida, obviamente, pero esta canción tocábaa Armonía Show (de novo sae á luz a miña obsesión verbeneira particular jeje) ó rematar o seu primeiro pase, e nós moitas coñas temos feito con ela. De feito aínda hoxe cando rematamos algunha noite de festa cantando pola calle (ou donde sexa que non nos manden calar) seguimos berrando: pásame la botella!!!!!
A canción en sí non é nada do outro jueves, pero para min ten unhas connotacións festeiras que me fan revivir o pasado verán como se fose onte á noite.
E si, a min tamén me parece bo plan ese da despedida sen solteiro xDDDD
Saudos.
Penso que enton a canción é enfermidade en xeral nas pandillas, je je je.
Saudos
Totalmente!! Polo menos na túa e na miña queda claro que si jeje.
Publicar un comentario