mércores, 25 de xuño de 2008
Sensation, posiblemente a mellor discoteca do mundo
Chámase Sensation e este ubicada en Amsterdamm (Holanda). Este local, aglutina cada sábado a 10.000 mozos e mozas amantes da música electrónica e con gañas de pasalo realmente ben.
Non tedes máis que ver o trailer que vos poño arriba para darse conta do espectáculo de luz, color, son e movemento que supón cada sesión da discoteca Sensation.
Ademáis cada ano fan un evento que se chama "Sensation white" o que é obligatoriamente ir vestido todo o mundo completamente de branco incluso os djs e outro que se chama "Sensation Black" no que evidentemente a cor elexida é o negro.
Nos últimos anos ademáis de na propia discoteca celebraronse diversos "Sensation White" e "Sensation Black" por diversas cidades do mundo coma Düsseldorff, Praga, Budapest ou Santiago de Chile. O ano pasado íase celebrar un evento de esta índole na cidade de Barcelona pero finalmente foi aplazado.
Agardemos que nun breve futuro pasen por España ou Portugal para así poder ter a Sensation "preto" da casa.
Normalmente estes grandes eventos fanse en grandes estadios de fútbol e as sesións son coñecidas en todo o mundo.
Sen dúbida que se podo algún día irei a Amsterdam a disfrutar da discoteca Sensation, unha discoteca pola que pasaron e pasan os mellores disc jockeys do mundo.
Eu teño o disco do Sensation White 2006 e debo dicir que a súa música e altamente recomendable sobor de todo os que se declaran coma min uns tolos da música electrónica en xeral.
Este segundo video é un megamix do Sensation White celebrado en Alemania este ano 2008. Puro espectáculo, parece que dan gañas de estar alí.
Disfrutadeo.
martes, 24 de xuño de 2008
Comeza o bo!

Todos os que ledes este blog, se vedes carteis de festas e os queredes poñer nos comentarios ou ben mandarmos o meu correo electrónico victor_lato@hotmail.com serán benvidos e seguro que tod@s o agradecermos.
Ahí van os primeiros de este verán 2008 que acaba de comezar:
Fania Blanco Show
Philadelphia
Venres, 27 de xuño
Xente Nova
Gran Parada
------------------------------------------------------------------------
PRÉSARAS (VILASANTAR)
Venres, 27 de xuño
Charleston Big Band
Tekila
Sábado, 28 de xuño
Versalles
Jerusalén
Domingo, 29 de xuño
Troco
----------------------------------------------------------------------------
SOBRADO DOS MONXES
Sábado, 28 de xuño
Orquestra LOS LADOS
Dúo Lauma
Domingo, 29 de xuño
Orquestra CIBELES
Dúo Diseño
Luns, 30 de xuño (sesión vermouth)
Dúo D Satélite
--------------------------------------------------------------------
TEIXEIRO (CURTIS)
Venres, 18 de xullo
Marbella
Josele Santiago
Sidonie
Sábado, 19 de xullo
Fania Blanco Show
Charleston Big Band
Domingo, 20 de xullo
Cibeles
Olympus
--------------------------------------------------------
PORZOMILLOS (OZA DOS RÍOS)
Venres, 27 de xuño
Panorama
---------------------------------------------------------
CAMBÁS (ARANGA)
Venres, 27 de xuño
Cibeles
Galilea
Sábado, 28 de xuño
Troco
Discoteca Móvil
------------------------------------------------------
OZA DOS RÍOS
Sábado, 5 de xullo
Versalles
Domingo, 6 de xullo
Nueva Generación
Luns, 7 de xullo
París de Noia
-------------------------------------------
Nada máis polo de agora
SEGUIREMOS INFORMANDO...
luns, 23 de xuño de 2008
ANIMALIÑOS 4: Fauna ibérica con moito arte
Hoxe destaco un video de un personaxe de Estepona, parece ser que se chama Perico que nos deleita con unha canción chamada "La Papela" ademáis de un baile "diferente" eu cada vez que o vexo aínda non saio do meu abraio o ver como anda o persoal...
A ver que vos parece.
Saudos
Pistoletazo de saida para o "Sobrado On Tour 2008"

Onte comezou de xeito oficioso o "Sobrado On Tour 2008" ou o que é o mesmo, a xira de verán que nos levara ata que pase o San Froilán aló a mediados de outubro polos máis diversos lugares da xeografía galega.
Onte logo do subidón que nos deu a clasificación da selección para semifinais (xa era hora) comezaron as "excursións".
O primeiro lugar en visitar, un dos clásicos do principio do verán: as festas do San Xoán de Guitiriz. As orquestras que actuaban eran Ledicia (foto superior) de Ourense e os Player´s de Ferrol (estes últimos moi vidos a menos se miramos a gran orquestra que chegaron a ser).
As persoas encargadas de comezar o "On Tour 2008" fumos Lisardo, Pazitos, Oito e eu (nós coma veteranos no asunto das comisións de festas imoslle dando directrices a Oito porque quizáis nun futuro máis ou menos cercano lle toque andar coa carpeta debaixo do brazo pedindo para as festas...).
A verdade é que facía unha noite de auténtico escándalo, moita calor (unha noite criadora, como se diría por estas terras) e bastante xente no primeiro pase de Ledicia. Logo de ver 3 ou 4 cancións dos Player´s decidimos facer unhas "visitas" os diversos locais hostaleiros do municipio lucense: Titanic, Soa, Chart...
Fumos ver o peche de Ledicia (como non con "Dolores se llamaba Lola" coma derradeira canción) e logo a tomar o último a Disco Joker (que ten un porteiro que se parece moito o cantante de Orishas).
Así foi a noite.
Hoxe é o día do lume de San Xoán e toca churrascada e mañán o "Sobrado On Tour 2008" ten unha cita moi importante pois están en Guitiriz Os Satélites e Trébol e deseguro que non imos fallar, ademáis dame a min na alma que mañá o grupo será moito máis numeroso pois non debemos olvidar que o batería da Trébol (Pablo Espido) é de Sobrado e alí estaremos apoiando a morte ata que faga un "sólo" coma o que nos deleitou o ano pasado nas Festas dos Dolores cando era batería de Troco.
Segundo vaian pasando os días iranse integrando máis unidades á "xira", co mes de xullo chegarán unha serie de personaxes altamente perigosos que prometen ir de festa rachada ata que as orquestras toquen outra e outra e outra e outra máis: xa sabedes o dito "SI NO TOCAN OTRA, PINCHAMOS EL CAMIÓN...", je je je.
A verdade é que se apreta a axenda: o venres hai que ir a miña segunda terra (Présaras) a ver a Tekila e a Charleston Big Band, sábado o mediodía comeza o San Pedro en Sobrado que durará ata o luns o mediodía e a partires do 1 de xullo comeza "a dureza".
AVISO A NAVEGANTES: NÉGOME A SAIR OS LUNS E OS MÉRCORES!!!
Dito todo isto, queda oficialmente inaugurado o
SOBRADO ON TOUR 2008
venres, 20 de xuño de 2008
21 de Xuño, Día da Música
Mañán, 21 de xuño, é o Día da Música. A veces pregúntome que sería de nós, ou polo menos de min sen a música. Penso que non sabería vivir ou polo menos habería unha parte de min que estaría vacía.
Cada un de nós vai facendo a Banda Sonora da súa vida, e a cada momento ou en diferentes accións do día vanselle atribuindo unha serie de cancións que a propósito ou accidentalmente van surxindo nas nosas cabezas.
Cantas veces surxe o tema de que levas todo o día con unha canción na cabeza (as veces aínda que non che guste) e non te das despegado de ela?
A min pásame, e polo xeral cada día teño unha canción na cabeza, sobretodo pola mañán, quizáis pola tarde apareceme outra nos "miolos" pero debo recoñecer que o meu apego a música a veces pode chegar a ser enfermizo.
Hoxe poño un video da super artista Enya, a canción xa ten uns aniños pero soa moi ben, é a archiconocida "Orinoco Flow" do disco Watermark, ademáis o video está subtitulado en castelán.
Unha caricia para o oido.
Saudos
Que viva a música!
xoves, 19 de xuño de 2008
Animaliños 3: "O sssea, esss otra cosa..."
O programa de Cuatro Callejeros deixounos un lote de "perlas" para a historia da televisión. Hoxe quero postear outra das súas reportaxes máis coñecidas e máis comentadas por tod@s: a "pija" que ten algo extrano no pelo????? (o modo de "Algo pasa con Mary") que explica que "voy super consciente y voy super bien", e que as mulleres bebendo a mesma cantidade de alcohol que os homes dan unha tasa máis alta nos controis de alcoholemia.
Non ten desperdicio, sinceramente moi bo. Esto é o que se diría "unha pijada".
Como Bonus, un chiste bastante malo do ídolo de esta moza, o gran Ernesto de Hannover:
caese un avión no medio de unhas montañas e só sobreviven Ernesto de Hannover e María Jiménez, que se quedan enterrados na neve, así que medio inconscentes aparece un San Bernardo coa súa botella de cognac no cuello, nese momento María Jiménez dille a Ernesto "mira o mellor amigo do home"
O que o príncipe de Hannover lle contesta "si e ademáis traeo un can".
Saudos etílicos
martes, 17 de xuño de 2008
Facendo as previas do "On Tour 2008"
Comisión 2007 e 2008 na Base
María, eu, Pichi e Yoly vacilando a Pirulo
Os casados para a casa! que non son horas!
luns, 16 de xuño de 2008
O Rei Cantona
O luns é sinónimo de resaca futboleira. Aínda que se acabou a Liga os amantes o fútbol seguimos "enchufados" a costa da Eurocopa.
Hoxe quero poñer un video de un dos meus ídolos futbolísticos e para o meu gusto un dos mellores dianteiros da historia do balompé: trátase do francés Eric Cantona (xenio e figura) protagonista en todo momento tanto polo seu fútbol de "alto rango" coma pola súa "sangue quente" que lle causou máis de un disgusto.
Eric Cantona logo de ser o principal artífice de que o modesto Leeds United inglés gañase a Premier League fichou polo Manchester United e foi no clube de Old Trafford onde se forxou a súa lenda.
Eric, fixo que os "Red Devils" remontasen o voo na década dos 90 logo de un claro dominio do seu máximo rival o Liverpool na década anterior.
Para o recordo queda aquela patada de "Kung Fu" a un hincha rival logo de que este último lle votara té fervendo o francés.
Hoxe poñerei o Cantona bon, o das grandes ocasióms, o que me fixo vibrar a miles de kilómetros de distancia, 10 dos seus mellores goles.
Voltareime a recrear...
Saudos
venres, 13 de xuño de 2008
Comorrrrll?
Hai veces que é dificil explicar o inexplicable, acabo de ler esta nova en 20minutos.es e non puiden resistir a tentación de pegala. Lede con atención "fistros" que pode que a partires de agora o noso vocabulario "se enriqueza de xeito contundente", miña nai querida, o que hai que oir e ler...
"'Guay' o 'fistro' no lo tuvieron tan difícil para entrar en el DRAE como 'miembra'"
20MINUTOS.ES. 13.06.2008 - 09:47h
Ampliar fotoBibiana Aído, durante una comparecencia (AGENCIAS). La ministra de Igualdad compara 'miembra' con 'fistro'.
Lo considera un "debate interesante" sobre el sexismo en el lenguaje.
En cualquier caso, 'fistro' no está en el diccionario de la RAE.
Minuteca todo sobre: Bibiana Aído
La ministra de Igualdad, Bibiana Aído, sigue defendiendo la validez del vocablo "miembra" como femenino de miembro en lo que ha considerado "un debate interesante sobre el sexismo en el lenguaje".
Es un debate interesante sobre el sexismo en el lenguaje
En una entrevista en 'La Ventana', de la Cadena SER, Aído dijo que determinados anglicismos o "vocablos como 'guay' o 'fistro' no han tenido tanta dificultad para entrar" en el diccionario de la Real Academia de la Lengua como los está teniendo la palabra "miembra".
La polémica surgió cuando, durante su primera intervención en el Congreso de los Diputados, se refirió a los presentes como "los miembros y las miembras", lo que desató críticas inmediatas, no sólo de los académicos de la RAE sino también de compañeros de partido como Alfonso Guerra. Aído, lejos de desdecirse, se ha manifestado en varias ocasiones a favor de que el diccionario de la RAE incorpore esta acepción.
Guay sí, pero 'fistro' no
En cualquier caso, consultando la edición on line del diccionario, mientras la entrada "guay" sí recoge una segunda acepción, que especifica como coloquial, en sentido de "muy bueno" o "estupendo", la palabra "fistro" no está en el diccionario.
Otras expresiones de Chiquito fueron "condemor" o "no puedor", entre otras
"Fistro" fue una invención del popular humorista Gregorio Esteban Sánchez Fernández, 'Chiquito de la calzada', que alcanzó la fama a mediados de los '90 tras su aparición en el programa 'Genio y figura', de Antena 3, llevándole a intervenir en algunas películas como 'Aquí llega Condemor (El pecador de la pradera)', 'El conde Brácula', 'Papá Piquillo', 'El oro de Moscú' o 'Franky Banderas'.
Otras expresiones populares del humorista fueron "fistro pecador cobarlde", "condemor", "no puedor", "diodeno vaginarl" o interjecciones como "¡comorr!", "jarl", o "mamarl".
xoves, 12 de xuño de 2008
Pásame la Botella
Seguimos con recordos do verán 2007. Desta volta, o post vai adicado a Pichi e tamén a Pirulo pois esta foi a canción oficial da súa despedida de solteiro feita no mes de xullo en Asturias (concretamente en Oviedo e Xixón) o último fin de semana do citado mes.
Sen dúbida unha despedida inolvidable para todos os que fumos participes dela.
O videoclip que hoxe temos é o video oficial da B.S.O. da despedida de Pirulo (nada de "te casaste, la cagaste..., nin nada de eso, Pichi buscou a orixinalidade en "Pásame la Botella")unha canción que marcou unha época en Sobrado e que de vez en cando, os días de moita festa, aínda nos seguimos acordando dela.
A canción pertence os panameños Match&Daddy, un reggaeton dos típicos do Caribe Mix que non nos diría nada especial se non fose polas risas que nos votamos coa interpretación particular (estilo rumbeiro) do gran Finito de Vilariño.
Pois nada, adicado a Pirulo, a Pichi, o sombreiro que este último portaba cando cantaba e a todos os que estivemos na despedida asturiana.
P.D: como diría Pedino: "non hai sidra aquí ou qué?"