Unha vez máis Pazitos e eu voltamos a gañar un Campionato de Tute. Desta volta foi o Campionato que organizou a Comisión de Festas de As Cruces. O botín que nos levamos foi de 300 €, e é que en 4 meses gañamos o Campionato de Teixeiro, a repesca de Sobrado e agora o de As Cruces. En total 750 € recaudados en 120 días, non está nada mal.Sabía que o meu socio non me ía fallar e polo que puiden apreciar eu (e as parellas que xogaron contra nós tamén) non debeu ter moito éxito coas mulleres aló por Cuba pois como din os vellos: "colleu cartas coma tierra". E xa se sabe o que di o refrán: "afortunado no xogo, desafortunado en amores", je je je.
A verdade é que houbo partidas de auténtica masacre, eu só estaba para termar das cartas, Pazitos encargabase de cantar, de coller os ases, de fallar a primeira de cambio..., unha pasada.
En fin, que estamos en racha, a seguir así Pazos!
NOTA: na foto aparece Pazitos levándose de modo brusco a todos os rivais que se poñían por diante con cara de malo (mafioso lle chamaron no Caribe). O ollo vermello é debido a inxesta de Ron Barceló na noite do venres.
Saudos
2 comentarios:
Noraboa fenómenos!
O comentario acerca da foto é de traca :)
Ya os habeis llevado mas pasta que unos cuantos cubanos en todo el año.
Publicar un comentario