martes, 18 de marzo de 2008

E van 17...

Un ano máis e van 17 o Real Madrid non conseguiu gañar na súa visita ligueira a Riazor. O equipo merengue ten no Deportivo a súa besta negra particular cando visita a cidade de A Coruña. Moi lonxe queda pois o último triunfo madridista que data de 1991 e polo visto nas últimas visitas brancas a Riazor pode que pase moito tempo ate que o Madrid acade un triunfo. Os xogadores brancos saen o Coliseo herculino acobardados e moi nerviosos. O Depor, que se medra cando o visitan rivais da entidade do R.Madrid ou F.C. Barcelona unha vez máis amosou que lle ten tomada a medida o clube de Concha Espina e unha vez máis o Real Madrid claudicou en Riazor.
Este ano a característica principal foi que o Real Madrid non tirou entre os 3 paos da portería de Dudu Aouate polo que o porteiro israelí ben puido quedar no habitual hotel de concentración do Real Club Deportivo ou na casa porque non tivo ningún tipo de traballo.
Miguel Ángel Lotina plantexou a perfección o encontro tapando as liñas de pase o "bilipendiado" José María Gutiérrez "Guti" polo que ahí se acabou a inspiración do Real Madrid con un motivadísimo Julien De Guzmán (non lle gusta que lle chamen Bobby) e un excelente Ángel Lafita (incrible a progresión de este rapaz en cuestión de un mes para esta parte) cubrindo ó "14" merengue. Para min o mellor do Real Madrid foi o central luso-brasileiro Pepe (penso que con eso queda todo dito nun equipo onde ademáis do citado Guti estaba Raúl, Wesley Schneider, Soldado, Diarra, Cannavaro ou Drenthe, xogadores millonarios, e o que despois se incorporou Robinho ou Baptista), pobre bagaxe o de un Real Madrid do cal se agardaba moito máis pero unha vez máis sucumbiu o embruxo de Riazor.
O único gol do encontro chegou logo dunha excelente xogada do ex-madridista Filipe Luis, que "meneou" a Miguel Torres e a Mamadou Diarra, puxo o centro cara a Xisco pero o central branco Pepe nó seu intento de despexe puxo o balón nas redes da portería defendida por Iker Casillas. A continuación o conto de sempre: caras de desesperación nos brancos sabedores a pesares dos moitos minutos que quedaban por diante que unha vez máis non ían poder puntuar en Riazor.
Compre destacar o traballo de todas as liñas de xogo que estiveron perfectas pero unha vez máis eu quédome coa excelente liña defensiva de 5 xogadores e en especial coas 3 torres (Lopo, Coloccini, Pablo Amo), que están a ser a clave do resurxir deportivista nesta 2ª volta ligueira. A estas alturas penso que Luis Aragonés debería probar a Albert Lopo na selección (visto o rendemento de Pablo Ibáñez, Juanito e Marchena nos seus equipos) o catalán está a xogar con moitas molestias e aínda así está a render a un gran nivel.

Particularmente non me gustou a arbitraxe de Turienzo Álvarez que pitou moitas faltas dubidosas a prol do Real Madrid cando no campo daba a sensación de que era o contrario, ademáis comeuse unha man clarísima de Fabio Cannavaro e o manotazo de Diarra a Xisco nun salto de cabeza. O mediocentro Malí voltou a amosar por enésima vez a súa excesiva agresividade (na foto vese unha patada sen balón que lle propina a De Guzmán logo de que o deportivista cometese unha falta), sinceramente Diarra non é xogador do Real Madrid, co balón nos pes é NULO, comete faltas tontas, vaiselle a "tarteira" agredindo sen ton nin son, e de estar nun equipo máis pequeno acabaría nos vestiarios antes de tempo na maioría dos partidos (se este xogador custa 36 millóns de euros entón De Guzmán vale 200 polo menos).

No aspecto ofensivo parece que Loti encontrou por fin un tridente de garantías (a min particularmente encantame): o mallorquín Xisco coma punta de lanza e un pouco máis retrasados o maño Ángel Lafita (Calidade Man) e o sueco Willy (como é coñecido cariñosamente na Coruña), traballan a reo os 3 cada partido e merecense a titularidade. Juan Carlos Valerón e Andrés Guardado xa se poden poñer as pilas se queren gozar de moitos minutos neste equipo. Quero destacar o traballo de Xisco que a pesares de que non está a marcar si que está a traballar para que marquen outros, posee unha forza descomunal, e ninguén pode dicir que non sua a camiseta que viste con orgullo, ten un salto de cabeza incrible, gañalle os balón por arriba a todos os centrais, incluso a vigas máis altas ca él, o sábado Pepe, Cannavaro e Diarra sufrirono e ningún dos 3 puido con él. Lafita pon a calidade e Willy a velocidade e os chispazos para a galería, sen dúbida os "3 mosqueteiros" do Deportivo están a ser uns dos animadores nesta 2ª rolda da Competición Doméstica.
A pesares do triunfo aínda estamos a 2 puntos do descenso, o que si é verdade e que estamos no 13º posto e temos bastantes equipos por debaixo nosa. Non nos podemos durmir nos laureis pois o sábado as 20:00 h e retransmitido en Pago por Visión hai unha dura loita fronte o R.C.D. Mallorca no Ono Estadi, sería moi importante puntuar para seguir medrando. Ademáis o cadro balear vai prFesentar as baixas de Ibagaza e Ballesteros por sanción o que se pode unir o venezolano Arango pois insultou o colexiado unha vez finalizado o último partido ligueiro fronte o R.C.D. Espanyol, por riba o seu máximo goleador Güiza é seria dúbida pois retirouse lesionado tamén no mesmo encontro.
UNHA VEZ MÁIS
FORZA DEPOR




3 comentarios:

Anónimo dixo...

Creo que me perdín un partidazo o sábado non? Mira que non velo... vaia fallo o meu.

Cando teña tempo leo todo o que escribiches.

AÚPA DEPOR!!!!

Dita Ciccone dixo...

Estanche ben meigados os madrileños...

Pitus dixo...

Lástima de la derrota frente al Mallorca.
Aouate se la comió con patatas.
Ahora a seguir fuertes en casa y está chupado.