luns, 24 de marzo de 2008

Santa Semana

Moi boas. Logo de unha paréntese voltamos a cruda realidade. Hoxe tocou incorporarse o traballo de novo (algunha xentiña aínda o fará mañá). Gañas, o que se di gañas non hai pero non queda outra así que...

A título persoal debo dicir que non parei moito nestes días de Semana Santa, non fun a ningún lado de vacacións pero a verdade é que o coche pouco o deixei descansar (polas mañáns máis ben). O sábado pola noite fumos de festa por Melide (moi pouca xente), mércores tocou Teixeiro (bastante xente a pesares do intenso frío), xoves nova visita o Cerne, o igual que venres e sábado. Non estivo nada mal, o plan era: pola tarde partidas do Pro Evolution Soccer en Ramiro e pola noite rumbeo puro, é dicir, elexín a modalidade "Rascala All The Day" ou o que é o mesmo NON FACER NADA DE NADA DE NADA (Bueno quizais si, darlle ganancia os locais hostaleiros de Sobrado que estes días estiveron a reventar de xente chegada de fóra).

En Sobrado a Semana Santa é sinónimo de aglomeración de xente, misas (o Mosteiro é un importante referente), cachondeo pola tarde e a noite e festa, moita festa.

A climatoloxía non acompañou moito, isa é a verdade, facía un frío de mil demos incluso o sábado nevou copiosamente pero debido a unha pócima segreda (Ron Barceló) traida dende Santo Domingo na República Dominicana ese frío desaparece de golpe e imprégnalle a quen a consume unha euforía e unhas gañas de saltar e bailar coma se estivese poseido/a ou tivese diante o mismísimo Lucifer. Polo tanto xa sabedes, para quitar o frío non hai nada mellor que uns "bicos" de "Ese oscuro obxeto do desexo" que é o Ron Barceló. (Deberíanme pagar pola publicidade, je je je).

Por certo, agora queda un mundo ata que chegue o verán menos mal que temos festivo o día 1 de maio e aquí en Sobrado tamén o 12 do mesmo mes, Luns de Pías (curiosamente o Domingo de Pías este ano coincide co meu cumpre, o 11 de maio, polo que prometo que a celebración será por todo o alto,je je je).

E tamén en Sobrado temos festivo o 30 de xuño, San Pedro, coincidindo coas festas na honra o noso patrón, que cheguen XA por favor!

Nada máis polo de agora.

Saudos e agardo que vos curedes axiña do síndrome post-vacacional.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

O meu síndrome postvacacional tereino dentro de dúas semanas, que o domingo marcho ás Canarias!!! Yeah!!

Que sorte tedes os de Sobrado que cando fai frío tamén vos neva, coma o sábado. Porque aquí pasamos frío a montón, e chover choveu a barrer, pero de neve nada de nada. E digo eu que para pasar frío, polo menos desfrutar da neve non?

Saudos e que sexa leve a volta ó curro.

Pitus dixo...

Pues la gente en Bilbao se ha meneado de cojones!!
Ayer estuve currando en la linea de Termibus-Aeropuerto y la gente que pude traer y llevar...,su p... madre.
A chuparla!!hoy todos a currar cabrones!! y yo a descansar..uff!!