luns, 5 de maio de 2008

Festas, bodorrios e demáis "jolgorrios"

Como estamos logo da ponte? Agardo que ben, ou polo menos non peor que antes do 1 de maio.
Este vernes 9 de maio comeza o que eu denomino: CAMPAÑA DE VERÁN, é dicir, coa chegada do bo tempo e a calor aparecen festas, bodas e todo tipo de eventos que fai que a primaveira e o verán non me duren nadiña (sinal de que o ando a pasar realmente ben).
Pois como dixen, o vindeiro venres 9 de maio haberá un novo Campionato de Tute no bar da Comisión organizadora das festas de As Cruces 2008 con Pirulo e Jose Luis a cabeza.
Como non, asistirei a este campionato con Pazitos (amasadora de cartas onde as haxa) e agardamos revalidar título. Este ano levamos ingresado co tute a nada desprezable cifra de 775€ e queremos pasar dos 1000 €.
O sábado haberá que reservarse pois o domingo agarda unha dura batalla: o Domingo de Pías (comer e beber dende a mañán ata que o corpo aguante) por riba o domingo 11 de maio coincide co meu 30 aniversario, é dicir, prometo non razonar moito..., je je je.
O luns 12 de maio é festivo local en Sobrado e poderemos descansar, ou quen aguante pode voltar as Pías a rezar, bailar, beber ou facer o que queira (ou o que lle deixen...).
Para a semana seguinte o venres 16 de maio comeza o San Victorio en Grixalba e se deus quere asistiremos a festa. Está Versalles, unha das orquestras que tivemos o honor de traer as festas de Sobrado o ano pasado e iremos a ver se nos adican aínda que sexa o anuncio da matrícula de un coche que estorba...,
O venres 23 de maio é o xantar de Santa Rita (patrón dos funcionarios) e como todos os anos toca compartir mesa e mantel cos compañeiros de meu propio Concello e os dos concellos de Melide, Toques, Santiso, Vilasantar, Curtis, Cesuras, Boimorto, Irixoa, Aranga e Monfero, este ano tócalle organizala ó Concello de Curtis e o xantar será en Casa Miraz en Teixeiro, seguramente a festa acabará moi tarde...
Co final do mes de maio comezame un marathon de bodas, eu que contaba que este ano só tiña unha e de momento xa van 3.
O vernes 30 de maio varios expedicionarios (Pedino, Laura, Miguel, Nuria, Esteban e eu entre outros) marcharemos para Barakaldo a boda de Javi Tarrío. Hai moitas posibilidades de que o venres 30 fagamos noite en Laredo para rememorar a festa de fai dous anos...
O sábado 31 é a boda e como as dúas anteriores de Jose e Raul penso que non vai defraudar. Voltaremos a Galiza o domingo 1 de xuño con parada obligada en Ribadeo por conta das retencións de tráfico..., a non ser que Pedino nos chame por teléfono para avisar e voltemos por Vegadeo coma a última vez, verdade Negro?
Para o sábado 7 de xuño volto a ter outra boda, (agardo que máis tranquila que a de Euskadi porque vou cos meus pais e hai que manter a compostura diante da family e todo esto...) en Ponferrada de unha familiar por parte da miña amada e querida nai.
O 21 de xuño 3ª boda en menos de un mes de Marta e Boado, en Teixeiro pero o banquete será no Pazo de Vilar de Ferreiros (Santiso), un lugar moi guapo no que xa estiven 3 veces e a última que foi a boda de Jacobo e Chus foi memorable con aquela MESA 16.
O 23 de xuño é a noite de San Xoán, e nin que dicir ten o duro que é esa noite aquí en Sobrado, Santa María...
O 28 de xuño comezan as Festas do Patrón do meu querido pobo, o San Pedro, máis do mesmo, 28,29 e 30 toca dalo todo en Sobrado, chamarei o balneario a Guitiriz para unhas curas...
Nesa mesma fin de semana comeza outra gran problemática, Álvaro colle as vacacións do seu amado e querido cole polo que terá dous mesiños para "rascala", casualmente e debido o horario laboral que teño agora mesmo, non traballo os luns, mércores e vernes pola mañán, unido a que O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) e Pazitos libran moitas veces pola semana, que Esteban o acabar os colexios tera menos traballo e que algunha outra alma cándida (estilo Pedino, Pichi ou Lisardo) colla vacacións en xullo ou agosto poida ser que o verán fágase extremadamente longo e que controlemos máis de orquestras que o propio xefe de Espectáculos Lito S.L., eu descansarei os luns e os mércores que os martes e xoves toca currar de mañán. Mamaiña o tren...
A ver se este ano por fin nos decidimos e facemos unhas camisetas co lema Sobrado On Tour ´08 coas datas e os lugares onde imos "actuar" en todo o verán.
Como culminación a esta "Temporada Alta" teremos as festas grandes de Sobrado, a Virxe dos Dolores coas actuacións xa confirmadas de Olympus (Vernes 19), Fania (Sábado 20) e Paris de Noia (sábado 21).
Este verán non nos imos poñer morenos, ímonos poñer "morados" de tanta festa.
Haberá que recurrir a piscina e a súa fría auga para ter a sangue a tope...

Saudos, saude e festa, moita festa!


6 comentarios:

Álvaro dixo...

Flipante!!!Penso que será millor que vaias pouco a pouco; e o deste finde xa lle chega ben.
P.D.:Confirmo a presencia do Barbeiro e a súa ORQUESTA para o domingo.

Unknown dixo...

O de este finde ha de saberse..., je je je. Buff, se ven o Barbeiro e nos incrusta os JBL coma a última vez nas Pías a festa non ha de ser pequena.

RESUMO DO VINDEIRO FINDE:

09 de maio: tute e despois o que Deus queira: Melide, Teixeiro o yo que sé...
10 de maio: tranquilidade, relax, paz e armonía. Un problema, non hai fútbol, que carallo facemos? imos os bolos? ver unha peli? ou viciar a play? porque como saiamos non nos damos levantado e a min a opción sofá pois como que non, eso é para teu irmán, que recordemos é: "O Rei do Tresillo"...
11 de maio: FUERTEMENTE!

Anónimo dixo...

Miña nai querida!! O que vos espera (aínda que penso que non vos ides queixar moito, se fora pa traballar todo o mundo protesta, pero pa ir de festa...jeje).

Este venres día 9 se queredes festexar a victoria no tute podedes ver a orquestra Panorama nas festas de Lesa (Coirós) que penso que promete ser una verbena de infarto. É unha suxerencia...

Saudiños e moita forza para o tour!!

Anónimo dixo...

Grazas por poñer o programa das festas hasta xuño,jaj
segue así que me entero de to e asi non perdo ningunha que eu tamen son festeiraaa,jaj
saudos

Unknown dixo...

VERO: descarado, nos para a festa nunca nos queixamos, aínda que o día seguinte toque durmir poucas horas. Como di miña nai, "o corpo as fai, o corpo as paga".
Xa vin o cartel de Lesa: Panorama e Tekila, FESTÓN o que pasa é que a hora que rematemos de xogar o tute igual nos pilla o toro (a Borja e a Pichi xa os colleu a vaquilla en Salamanca)e non estamos moito para conducir, de todos é sabida a afición de Pazitos polo Trina de Mazá...
ANÓNIMO (ANÓNIMA NESTE CASO): non hai de qué darme as grazas, aínda se me escapou unha que é unha cita a que nunca faltamos que é o San Xoan de Guitiriz, supoño que comezará o venres 20 de xuño e rematará o martes 24 de xuño pero aínda non o podo confirmar porque non vin os carteis. O único que sei é que segundo fontes especializadas na materia as orquestras que estarán nestas tremendas festas pertenecen todas a oficina de Zona Sur polo que este ano non estarán Panorama, Olympus,Paris, Philadelphia, Marbella, Versalles ou Fania entre outras...
Segundo vaian avanzando os días irei poñendo datas de festas e nas que sexa segura a nosa presenza poñereille o engadido (ON TOUR´08- Sobrado On Tour 08).

A coidarse moito.

Pitus dixo...

Señores!!Este Domingo desde Basauri me uno al Sobrado on Tour 08,asi que nos vemos el 11 de Mayo fuertemente!!!