martes, 6 de maio de 2008

Preto do liderato





No que o azar se refire a verdade é que non me poido queixar. En todo Sobrado se sabe aquela vez que tiven 15 acertos nunha quiniela reducida que o final se quedou en 13 (nunca máis a voltei a facer reducida).

Pois ben dende hai unhas semanas estou participando na quiniela de http://www.siguetuliga.com/ que consta en acertar o maior número posible de resultados quinielísticos da 3ª División Galega.

Consta de 10 partidos e por xornada pódese sumar un máximo de 10 puntos (acertandoos todos).

Eu agora mesmo e a falta de dúas xornadas para rematar o campionato ligueiro estou con 32 puntos na clasificación xeral, é dicir, 2º clasificado. O primeiro clasificado vioscalidade se chama ten 34.

Esta xornada que pasou fun o que máis puntuei con 7 sobre 10 e o que me seguiu quedouse en 4 puntos, así que adiantei 5 postos na táboa clasificatoria.

O premio aínda está por definir pero o máis bonito é competir con deportividade e se o final acabo gañando esta quiniela axiña o poñerei no blog...



Bueno o dito, en dúas semanas saberemos o desenlace.



P.D: na foto estou con cara de escéptico, quizáis pola incertidume de quen se levará o título quinielístico de http://www.siguetuliga.com/



SAUDOS

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Cara de escéptico? A min máis paréceme que tes cara de "a ver cando raio traen a comida, porque xa me empezo a cansar de estar aquí sentado mirando po plato valeiro" xDD

Unknown dixo...

Je, je, je, pode ser, pero en realidade o que estaba pensando era "quita a foto de unha .... vez, son as 23:30 horas aínda non empezamos a cear e despois imos comezar tarde a sección de copeteo".

Saudos

Pitus dixo...

En mi humilde opinión:

Alondras-Lalín 2

Ciudad de Santiago-Montañeros 1
Ourense-Celtiga X

Ordenes-Villalonga 2

Coruxo-Betanzos 1

Negreira-Santa Comba X

Narón-Verín 1

Portonovo-Cerceda 2

Arosa-Club Lemos 1

Rapido-Pontevedra X


A ver cuantos acierto.

Anónimo dixo...

Boas Victor, pois eu tamén estou a participar nunha quiniela de terceira división, apasioname esa categoría.Envioche a direccion por si che interesa. http://www.ciudaddesantiago.com/PhpLeague0.82/prono/index.php
É do ciadde de santiago e a semana pasada ó gañador regalaronlle duas entradas e viaxe para a promocion. Saudos. Óscar

Unknown dixo...

PITUS: muy parecida a lo que predije yo para esta jornada, puede ser que obtenga buena puntuación, va a haber emoción hasta el final. El domingo lo escuchamos en las Pías (bueno, si damos escuchado algo con tanta zozobra..., ja ja ja).

ÓSCAR: grazas pola información, eu son un amante de todas as categorías pero a 2ª B, a 3ª e a Preferente molanme moito.

Sorte para a SD Pontecarreira na promoción fronte o Portazgo, merecedes estar en 2ª Autonómica.

Saudos.