martes, 13 de maio de 2008

Sobrado xa ten guapa oficial

Chámase Lucía Espiño, é natural de Grixalba (Sobrado) ten 18 anos e é estudiante.
O pasado sábado 10 de maio proclamouse campiona do concurso de modelos Top Model Área Central 2008 celebrado no centro comercial do mesmo nome en Compostela.
Este mesmo concurso gañouno hai dous anos en categoría masculina Miguel Castro, natural do veciño concello de Toques.
O gañador masculino que aparece a esquerda da imaxe chámase Rudy Lamas e é natural de Ames.
Agora Lucía será a imaxe feminina de Área Central nas súas campañas de moda ata o concurso do ano seguinte.
Se desexades ver a Lucía Espiño enriba das pasarelas tan só tedes que entrar no enlace http://www.youtube.com/ e escribir Lucía Espiño en "buscar".

En Sobrado a partires de agora xa podemos presumir de guapa oficial e dende eiquí desexolle que teña un gran futuro no mundo das pasarelas.

PARABENS GUAPÍSIMA!

7 comentarios:

Paula dixo...

Fáltouche decir que é de Grixalba, que ben orgullosa que está!!

Unknown dixo...

Grazas polo aviso Paula, xa rectifiquei o post e incluín este importante dato que me quedou no olvido.

Saudos e grazas de novo.

Anónimo dixo...

bufffffff...... Moito mais guapo de Amessss jajjaja

saudos latooo

Unknown dixo...

Anónimo: evidentemente quédome con ela máis que nada por dous motivos:

1º non me gustan os homes.
2º Lucía é de Sobrado.

Saudos

Unknown dixo...

ola Victor!!! son Lucía.A verdade non sabía que tiña seguidores por Sobrado!! gracias pola adicatoria!!! entereime fai poucos días gracias a miña amiga Paula que me dixo q por sobrado se encargaran de facerme publicidade. moitas gracias e un saúdo.

Unknown dixo...

Ola Lucía. Non tes que agradecerme nada. É un orgullo para o pobo que alguén de eiquí gane un concurso de beleza bastante importante a nivel Galicia.
Cando teñas novas sobre ti ou sobre desfiles ou o que queiras, non tes máis que dicirmo ou as envías o meu correo victor_lato@hotmail.com e eu posteoas gustosamente.
Sorte no mundo das Top Model e ogalla chegues moi arriba.

Queda claro que no interior tamén hai xente guapa e non só hai que ir a costa para vela! je je je.

Saudiños

Anónimo dixo...

Enhorabuena por haber ganado, por guapa y además por inteligente. Eres un encanto por estar orgullosa de tu familia y de los que te rodean. Con estas cualidades, tienes muchas posibilidades de llegar alto en lo que te propongas. Mucha suerte.