venres, 16 de maio de 2008

Inconmensurable

Debo confesar a miña pasión pola música. É algo que sen ela non podería vivir. Gústanme case todos os estilos (agás música relacionada con Camela e os seus "enxendros" e o Reggaeton "duro" e o "perreo" ou como diaños se chame).
Na miña casa teño máis de 400 cds orixinais (a verdade é que non me gusta piratear) dos estilos máis diferentes que vos poidades imaxinar. Dende pop, a música clásica, pasando pola música electrónica o jazz, rock, metal, etc, etc, etc...
Esta semana decidin mercar 3 novos compactos todos con voz feminina. O último disco das All Saints (gústame moito a canción de Rock Steady), tamén o último de Alicia Keys e como non o da Muller Volcan, estoume a referir a Marie Louise Veronica Ciccone Fortin Ritchie, é dicir, Madonna.
Nesta última artista me quero centrar. Por como se move, como se contornea e polas pasións que levanta parece incrible que o vindeiro 16 de agosto Madonna vaia a cumprir 50 anos (calqueira o diría).
Cunha vintena de albumes as súas espaldas Madonna soubose adaptar a evolución musical dende que saltara a fama con La Isla Bonita e Papa Don´t Preach de aquel carismático True Blue, recordo que cando era pequeno tiña grabado nunha cinta das antigas TDK este album e abofé que me gustaba.
Madonna tomou o seu nome artístico porque así se chamaba a súa nai a que sempre idolatrou, mentres pola contra as relacións co seu pai sempre foron máis distantes.
Eu presumo de ter na miña discografía 5 cd´s de Madonna: "You can Dance", "The Inmaculate Collection", "GHV2", Confessions on a Dancefloor (o seu penúltimo e discotequeiro traballo) e o último "Hard Candy" (que é unha continuación da música do anterior).
Aínda que só puiden escoitar 2 veces o Hard Candy hai unha canción que me ten impresionado, e resultoume tan pegadiza que non a poido quitar da cabeza, chámase "Incredible", é o corte número 7 do compacto.
Ademáis gustanme case todas e penso que vai ser un album que vai pegar moi forte nos vindeiros meses.
A pequena Madonna (1,64m de altura) faise xigante enriba do esceario e as súas declaracións e os seus videos subidos de tono e rozando o escándalo en moitos casos non deixan indiferente a ninguén. A min particularmente encántame e penso que é un dos mitos viventes da historia da música. Hai algo máis de un ano vin un concerto en Canal Satélite desta "Máquina de Bailar e Excitar" en Oregón (EEUU) e a verdade é que daría moitos cartos por poder asistir en directo, é todo un espectáculo. Cando veña por estos lares haberá que facer todo o posible para ver en vivo e en directo a esta espectacular artista.

Longa vida a Madonna!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

E mira ti, Madonna e máis eu resultamos ser tocaias!!

Eu creo que nunca escoitei un disco enteiro desta muller, pero o anterior a este tiña grandes cancións que se pegan moitísimo e que me encantan. Sen embargo, o "4 minutes" que canta con Justin Timberlake non me acaba de convencer... despois dos singles do anterior disco que soaron tanto esperaba máis deste, a verdade.

En canto ós anos, a min gustaríame saber que clase de pacto fixo co demo para estar así...

Saudos.

Unknown dixo...

Pois efectivamente eres tocaya, je je. Pero agardo que non teñas tantos nomes senón pódeste volver tola.
O disco anterior era moi bo, e este vai camiño, xa verás é moi parecido con ritmos moi "bailongos" e cancións moi pegadizas.
Pode que o "4 minutes" te defraudase, como aspecto positivo direiche que para o meu gusto non é das mellores cancións pero supoño que a sacaron nas Radiofórmulas de primeira polo feito de cantar con Justin Timberlake (que las trae loquitas, je je).

O dos anos é un segredo pero creo que esta tipa básase moito na Dieta do Cucurucho (polo menos así o deixou entrever en varias entrevistas).

Saudos

Pitus dixo...

Siento tener que disentir con ustedes dos pero a mi "4 minutes" me parece una canción cojonuda.

Anónimo dixo...

Non non, eu non teño tantos nomes, teño dous e chéganme de sobra. Incluso hai xente que me di que teño nome de culebrón...Eu son María Verónica na máis jejeje.