venres, 1 de agosto de 2008

As Festas e Concertos son os favoritos neste verán

A enquisa do mes de xullo pon ben as claras que se a xente ten que elixir algo positivo do verán esas son as festas e os concertos (moi abundantes en todos os lugares). Un 35% dos enquisados opinan de este xeito.
A segunda das preferencias con un 27% é que a xente leva pouca roupa (non sei se o din por comodidade ou ben por esteticismo).
En 3º lugar queda a praia (un clásico do verán) con un 20 %.
Que veña xente de fora con un 7%, que os días son máis longos con un 5% e os xelados e o incremento da poboación con un 2% son outras das preferencias dos enquisados.

Grazas por participar e axiña estará outra nova enquisa neste blog.

Saudos

7 comentarios:

Anónimo dixo...

A segunda opción pódena escoller por comodidade, esteticismo ou por morbo, digámolo todo jejeje.

De todas formas eu fun parte desa porcentaxe que votou polas festas e concertos.

Agrado xa a nova enquisa deste mes!

Saudos.

Anónimo dixo...

Hola Victor!

Non se poden facer planes, se me chafou o fin de semana!!! Bueno polo menos o venres poiden ir a un concerto na praia de Riazor,Kiko Veneno, Raimundo Amador e Melendi que por certo o tio estaba que daba pena velo, drogado perdido.
Que rabia non poder ir a Teixeiro!con as ganas que tenia de velo.

Eu tamen voeti polas festas e concertos.

Vero: tes razon co do morbo, o chicos se lle pones ojos saltones cando ven un escote o una fadiña ven cortiña, jejejeje... A ver se eles se destapan un pouquiño mais porque asta na praia van coas pernas tapadiñas de todo!!!jejejeje

SAudiños

Sara

Unknown dixo...

Vero: A enquisa nun momentiño entra en funcionamento.

Sara: que raro Melendi "pasado de voltas", ja ja ja. Quizais faría outra viaxe a Holanda de esas que a él tanto lle gustan.
Polo que respecta a Feira do Cabalo de Teixeiro dicir que o partido de Horseball deixoume impresionado. Había xogadores internacionais entre os equipos de Cabaleiros do Deza e Cicasa Santa Comba. Quedádevos con un nome propio de un xogador de horseball: Fernando Regalada (internacional con España e un auténtico escándalo de xogador).

Saudos

Unknown dixo...

FE DE ERRATAS: onde dixen "Fernando Regalada" quixen dicir "Fernando Regalade".

Saudos e mil disculpas polo erro.

Anónimo dixo...

Que magoa non poder estar alí!!! Para o ano xa se verá como saen as cousas.
Estas mas que disculpado!! Eu si que debería de pedir perdon po las faltas de ortografia que teño un monton de veces!!! Pero se me entende ven eh!!jejejejeje esto de falar galegoespañolo...

Hoxe saudo pasados por auga...snif snif...

Sara

Anónimo dixo...

Oes, menos mal que te disculpas así eh, que xa iva mandar unha copia do que puxeches á Real Academia pa que che reñeran jeje. Que non é pa tanto oh!!

vou ver a enquisa nova!!

Anónimo dixo...

Ala vai!! Xa che vale, preguntar semellante cousa na enquisa!! Eu non sei se saberei responder a iso, porque agora mesmo estou cunha crise de identidade na que non dou decidido se quedar no rural ou marchar a establecerme na cidade... supoño que me gusta vivir aquí porque é tranquilo, pero acabarei indo para a cidade por motivos laborais... eu que sei!! O caso é que vin a enquisa e non souben contestar... jejejeje a pregunta está moi ben, pero metímeche nun apuro.