A Comisión de Festas de As Cruces 2008 xa ten todo presto e disposto para poder degustar esta noite a partires das 22:00 horas unha excelente e inmensa paella que seguro que fará as delicias de tod@s os que asistamos o evento.
En vista do revolto que anda o tempo, Pirulo, José Luis & Company xa se encargaron de salvagardarse da choiva cunha carpa na que collen máis de cen persoas polo que en caso de que a noite se presente "mollada" ninguén correrá o risco de coller un resfriado.
Agardemos que non teñan que coller a excavadora (coma na foto) para remover o arroz da paella (máis que nada por que non vexo eu a Pirulo os mandos da máquina dándolle o cazo para un lado e para o outro e evitando a vez non machacar ningunha gamba).
Ademáis da Gran Paellada a noite estará amenizada por música a cargo do Dúo Orquestral e haberá servizo de bar por parte dos membros da comisión de festas. Os prezos segundo palabras dos organizadores serán moi económicos e visto os antecedentes das actividades que esta Comisión fixo o longo do ano seguro que ninguén vai a quedar nin con fame nin con sede.
Tan só desexar que o tempo respete un pouquiño a festa do San Roque e que acuda o máximo de xente posible a este novedoso evento.
Sorte!
SOBRADO ON TOUR 2008: como é de supoñer hoxe estaremos nas Cruces (Sobrado) colaborando cos nosos amigos "comisionistas".
3 comentarios:
Ummm que rico!! Co que a min me gusta a paella se estivesedes en Oza alí estaba eu! jeje
Que lles saia todo ben e a paella non se pegue.
Bon proveito esta noite!
Saudos
Qué tal a super paella? e excavadora...?jajaja!!!
SAudos
Sara
A paella estaba boa e o Barceló tampouco estaba nada mal, je je je.
A Piru non lle fixo falta a excavadora pero si que colleu uns bos "cazos" para o seu prato..., je je je.
Saudos
Publicar un comentario