martes, 30 de setembro de 2008

Qué decepción!

Hoxe fun ó cine a ver a última película de Woody Allen "Vicky Cristina Barcelona" rodada integramente en España, concretamente en Barcelona e en Asturias, na que Javier Bardem, Penélope Cruz e Scarlett Johansson comparten protagonismo. Senteime na butaca con moitas expectativas debido a gran publicidade que lle deron e lle están a dar e como soe ser habitual nestes casos, para o meu gusto a película é un "bluf".
Debo dicir que non me entusiasmou moito, é máis saín de Área Central decepcionado. Agardaba outra cousa, demasiada explicación do narrador para o meu gusto. Non sei, fáltalle algo..., se a vistes opinade, se a ides ver, cando a vexades opinade tamén, e se estabades en dúbidas de ir a vela ou non, o meu consello é que aforredes os cartos! Xa vos chegará o tempo a vela en DVD.

Saudos

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Moita intención de ir vela ó cine non tiña, pero despois de ler isto menos. Esperarei a vela en DVD me parece...

A que si me gustaría ver é "Los girasoles ciegos". Víchela? Se alguén a veu que me conte algo (menos o final jeje).

Saudiños.

Unknown dixo...

Vero: recorda que é o meu punto de vista, o mellor ti vela e gústache un montón. Pero xa sabes canto máis publicidade lle dan, moitas veces peor é.
"Los girasoles ciegos" aínda non a vin pero se cadra non tardo moito.

Saudos

Anónimo dixo...

Moi boas Victor!!!

A peli Los girasoles ciegos, dixéronme que está moi moi ben.

Eu no tiña pensado ir ver esta peli, a mi repateame a Penélope non a podo ver. Na única peli que me gustou, foi na Gotica.

Saudos, Sara

Unknown dixo...

Boas Sara: eu tamén oín e lin boas referencias sobre ela pero haberá que ir ó cine a ver se é verdade o que din. De feito para mellor "Vicky Cristina Barcelona" non lle fai falla moito.
A verdade é que máis que Penelope a min chámame máis a atención Scarlett Johansson, moito máis sensual para o meu gusto e moi boa actriz por certo.

Saudiños e grazas por deixar a túa opinión.

Anónimo dixo...

Eu cando vin o título e a foto de Scarlet (antes de ler o post) pensei que estabas decepcionado porque casara jajaja.