
Os 6 resultados disputados na tarde-noite do sábado fóranme favorables, esto fixo que albergara esperanzas de poder cobrar "algo" esa xornada.
Logo de sair o sábado de festa por Melide algo me fixo despertar antes de tempo, creo recordar haber chegado sobre as 7.00 AM a miña cama e as 11.00 horas xa estaba desperto sen poder durmir..., pensei que se non daba durmido tiña que ir ver o partido da mañá do domingo de Segunda División en Canal +: o SD Compostela - Racing de Ferrol que ademáis de ser un derbi galego entraba na quiniela e xa que estabamos en racha...
Na miña quiniela reducida tiña unha dobre X2, polo tanto valíame o empate ou a victoria dos ferrolans..., o resultado final foi 0-5, xa iban 7 acertados sen erro...
Cheguei para comer a miña casa todo contento explicándolle a meus pais e meus avós o que pasaba, meu pai lembroume que non me fixera ilusións pois non tiña nin a metade dos resultados acertados e seguro que ía fallar varios...
Chegaron os partidos das 5 da tarde polo que non puiden deixar de escoitar a radio..., os resultados ían caendo e todo seguía de cara, deron as 7 da tarde e o resumo era que tiña acertados 12 resultados e máis o pleno o quince, tan so quedaba por disputarse o Las Palmas - Oviedo as 19.00 horas e o Mallorca - Valencia as 21.00 horas, se os acertaba tiña os quince resultados acertados. A presión puido conmigo e logo de estar ata a finalización dos encontros das 5 da tarde en Ramiro tiven que marchar para a casa pois estaba tan nervioso que decidín irme para a miña habitación a escoitar o Las Palmas - Oviedo a ver se así me lograba calmar. A xente cercana non paraba de chamarme por teléfono sabedora do impresionante momento que estaba a vivir.
Para o citado partido so me valía un resultado: a victoria dos canarios. Pasaban os minutos pero o empate seguía no marcador..., ata que de repente, marcou Las Palmas e as pulsacións puxeronseme a mil..., ían pasando os minutos e segundo decían na radio o Oviedo buscaba o empate, o partido fíxoseme eterno pero chegou o final co resultado indicado polo que xa os 13 acertos máis o pleno o quince eran unha realidade. Tiña unha sensación no corpo de que me ía a ir mal como non calmase os nervios. Quedaba o partido de Canal + Mallorca - Valencia, eu tiña un doble, valiame a victoria balear ou o empate. Decidín baixar a Ramiro a ver o partido, non acougaba en ningún lado, o teléfono non paraba de soar, foi moita a xente que me acompañou vendo o partido en persoa e desde a distancia desexando que se dese algún deses dous resultados...
O pouco de comezar o encontro marcou o Mallorca e peguei un salto tan grande que supoño que non faltou nada para que pegase coa cabeza no teito..., nese intre tiña 15 acertos..., chegando o descanso empatou o Valencia, ese resultado tamén me valía pero xa estaba máis intranquilo pois outro gol dos chés deixabame sen o meu soño. O pouco de comezar a segunda metade de novo un Valencia que nese momento tiña un auténtico equipazo adiantouse no marcador e as esperanzas esvaeronse,...as voces máis críticas decían: "pero como pos o Valencia que non lle gaña ó Mallorca?" eu encollía os hombros sen articular palabra, pasaban os minutos e o empate non chegaba, o soño do pleno o 15 cada vez estaba máis lonxe. Chegouse o tempo de desconto, o colexiado decretou 3 minutos, aínda non pasara 1 minuto dende ese intre e Albert Luque enganchou un esférico o borde da área e clavoullo a Santi Cañizares por toda a escadra, creo que en Ramiro poucas veces se celebrou un gol tan o unísono, non mo podía crer..., cando me din conta estaba de rodillas no chan celebrando o gol, mirei para meu pai e vin que tiña uns nervos que ata ese día xamáis lle vira. Rematou o partido: 15 acertos, estaba flipando! o teléfono non paraba de soar con chamadas e sms. Era increible. Minutos máis tarde meu pai marchou ata O Real e chamoume decíndome que lle levase un momento a quiniela alí pois Toñito o pai do meu gran amigo Tato controla bastante co que respecta as quinielas reducidas e queríalle votar un ollo. Logo de revisarma e ver a táboa de combinacións que se tiñan que dar coas dobles díxome que me ía quedar en 13 pois se o resultado do SD Compostela - Racing de Ferrol fose un empate en vez de un 2 sí que tería o pleno o quince. A esperanza véuseme o chan pero aínda non o quería creer. Esa noite durmín pouco, moi pouco, dándolle voltas a cabeza. Fun moi cedo con meu pai a lugar onde sello as quinielas para quitarme esa intriga que me estaba a matar, o final o resultado: 13 acertos ou o que é o mesmo 32.000 das antigas pesetas. O soño durou ata ese intre...
Sigo facendo quinielas con toda a miña ilusión pero desde aquel día xamáis volvín a facer unha de xeito reducido.
2 comentarios:
XA SOMOS DOUS:
A min eso pasoume no 2004 era domingo,as 9:00 empezaban os partidos e as 10:30 tiña pleno o 15fin de todolos partidos xa a muller desperta polo noticia,cando de súpeto conectan con monjuit parecia o final do partido e non gol dun debutante a prol do Vilareal Xisco 2-2,de 180 millons das antigas pesetas pasei acobrar 340 euros el gozo en un pozo,xa meu pai tiña comprobada pero a vida segue......Dios de traballo e salud que o resto xa ira vindo,un abrazo Victor.
Vaia fastidio tío, non tiña nin idea. Como ti ben dis o máis importante é o traballo e sobre todo a saúde, sen ela non somos nada. Coidate moito crack.
Publicar un comentario