
Agora pasaran outros 4 anos, non se acordarán de nós, eso si, cando falten poucas datas para as eleccións de novo apareceremos nas súas cabezas "ninguna persona sin vivienda propia", "pleno empleo en el país", "incremento del salario mínimo interprofesional", "mejora de la sanidad"..., promesas, só promesas, o final nada de nada.
Xa veredes en que queda todo o prometido, tanto por un coma polo outro, se cumplen un 15% do que din xa nos podemos dar con un canto nos dentes, pero bueno a historia foi, é e será así.
O único que pido e que non nos molan a cabeza porque son todos iguais: PP, PSOE, BNG, IU..., e realmente viven de nós pero só se dan conta cando lles conven.
Polo tanto só pido unha cousa: DEIXADENOS VIVIR OUTROS 4 ANOS EN PAZ.
Grazas
Atentamente: Víctor Cabanas
1 comentario:
Si, a verdade é que tanta campaña electoral e tanta promesa faise moi pesado e moi cansino.
Os debates non só serven para aumentar as audiencias televisivas, se non que as cadeas públicas (véxase TVE) aproveitan para dar os "resultados" do debate (nin que fose un partido de fútbol), uns resultados que curiosamente case sempre benefician ao candidato que actualmente goberna. Normal. E o peor de todo é que quen dudaba antes do debate, despois aínda duda máis. Se non sabías a quen votar despois xa case optas por non facelo.
En fin, que eu sempre fun botar porque creo que é o único momento no que teño dereito a expresar o que penso e o que quero no meu país, ainda que non sirva para moito. Pero absterse é dar a calada por resposta, e iso non. O que cala outorga. Despois non vale queixarse.
Despois da parrafada política (xa ves que me gusta esta historia tanto coma a ti), só esperar q os Touriños, Feijós e Quintanas de turno non empecen antes de tempo coa súa campaña. Que xa os estou temendo...
Un bico rapaz!
Publicar un comentario