mércores, 30 de abril de 2008

Aventuras e Desventuras de Ronaldo e os seus "travelos"


Ronaldo Nazario de Lima volta a ser nova pero de esta vez non por razóns deportivas senón por temas de "ocio", "divertimento", "vicio" ou como lle queirades chamar.
Parece ser que Ronaldo logo de asistir a un partido do Flamengo fronte o Botafogo solicitou os servizos de unhas "garotas de programa" (prostitutas) xa que se sentía deprimido pola longa lesión que o terá afastado dos terreos de xogo un tempo aínda por determinar pero por un erro chegaron travestís no lugar de señoritas coa moral distraida.
Un dos "travelos" Andreia Albertine acusou a Ronaldo de solicitarlle comprar drogas antes dos seus servizos.
A versión de Andreia é que Ronaldo aguardouna nun motel coas súas duas compañeiras, quedou irritado cando ela voltou sen a droga e negouse a pagarlle.
Segundo o comisario Carlos Nogueira, dous travestis aceptaron o pago de Ronaldo pero o terceiro esixiu unha forte suma de cartos e dixo que podía tratarse de un golpe para aproveitar a popularidade do xogador.
"A droga non apareceu e cando se descubriu que pediu 50.000 reais (19.000 euros)o travesti simplemente desapareceu da comisaría" asegurou o comisario.
O xogador asegurou a policía que buscaba "meretrices", pero por un erro chegaron os "travelos" os que accedeu a pagar 380 euros sin que prestaran servizos. Andreia, sen embargo, reclamoulle 19.000 euros.
Un comunicado da secretaría de prensa de Ronaldo indicou que "xamáis" foi usuario de drogas e que nunca tivo ningunha queixa oficial na policía na súa contra, ademáis de acusar o travesti por facerlle "víctima de un intento de extorsión".
Da pena ver a Ronaldo involucrado neste turbio asunto no que na miña opinión persoal penso que o travestí intentou aproveitarse da fama de Ronaldo e seguramente este "Travelo" proximamente venderá a exclusiva e algunha revista morbosa.
Ronaldo, excelente dianteiro, coa súa carreira deportiva plagada de lesións e festivais con bacanais incluidas non merece este final. Agora loita contra unha grave lesión para que a súa carreira futbolística non remate de este xeito tan triste.
Queda claro que o 99 do A.C. Milan, se está en forma é dos mellores (ou o mellor) dianteiro centro do mundo. Os seus continuados problemas de sobrepeso dende a primeira vez que rompeu o ligamento cruzado cando xogaba no Inter de Milán acompañado do pouco que parece ser que o astro brasileiro se cuida condicionaron a súa carreira e o que puido ser un dos mellores xogadores de todos os tempos quedouse nun bo dianteiro que compartía a partes iguais a súa relación co gol e coa festa desenfrenada.
Agardo que Ronaldo volte a xogar e nos siga deleitando coa súa electrizante velocidade.
UN CONSELLO: RONALDO, CUIDADO COAS GAROTAS, ALGUNHAS TEÑEN CAROZO (Dito Arxentino)

1 comentario:

Anónimo dixo...

A noticia esta deu a volta ao mundo e en realidade non é pa tanto. Iso fijo que lle pasou a moitos outros cando descubriron que a "señorita" era "señorito"... pero claro, como era Ronaldo, pois ala!! a sacarlle os cartos.

O travelo ese o único que quere é aproveitarse da oportunidade para saír nas teles e nos medios e cobrar unha pasta gansa por non facer nada.