venres, 11 de abril de 2008

Un paseo pola Lagoa de Sobrado

Sobrado é coñecido sobor de todo polo magnífico Mosteiro de Santa María "A Real" pero hai outros recursos turísticos que compre destacar como son O Camiño Norte a Santiago de Compostela (xa falei del nun post anterior), O Campamento Román de A Ciadella ou a fermosa Lagoa.

Deste último elemento toca falar hoxe. Dende o meu punto de vista A Lagoa encontrase nunha paraxe máxica. A súa vez, o humidal sobradés transmiteme calma e relaxación.

Cando tes un día baixo ou necesitas pensar a soas sobre algo, a Lagoa aporta esa sensación de apoio que tanto se necesitan nos malos momentos.

Os días soleados é todo un espectaculo de luz e sons os que pode transmitir, por un lado as aves (corvos mariños, algunha garza real e sobor de todo patos, moitos patos) e polo outro as ras que cantan ledas para celebrar a saida do Deus Sol, todo esto misturado cos saltos das troitas dentro da súa particular "piscina".
A Lagoa desprende unha luz inhusitada os días de sol e ese resplandor convirteo con lugar de conto de fadas.

A pesares de que a Lagoa na actualidade ten o seu propio ecosistema houbo un tempo (aló polo ano 1530, que foi cando se rematou) que foi artificial, crearonna os monxes para abastecerse de auga e troitas, xunta a auga de tres regachos.

Hoxe en día está integrada no seu hábitat perfectamente e os animais e as plantas que alí cohabian fan un conxunto perfecto.

Dende hai pouco tempo, ademáis a Lagoa dispón de un paseo de madeira que recorre 3/4 partes da súa circunferencia polo que se pode disfrutar das súas vistas dende diferentes angulos e poder así achegarse un pouquiño máis (sempre respetando o medio) a vida dos seres vivos que comparten "casa" nesta ubicación.

Dende eiqui quero dicirvos que os que xa coñecedes a Lagoa voltedes a visitala a miudo porque o entorno mereceo e os que non a coñecedes xa me estades tardando en que veñades a Sobrado a deleitar a vista.

De seguido déixovos unhas fotos feitas por min na tarde do sábado 5 de abril de 2008.

QUÉ AS DISFRUTEDES!
























4 comentarios:

Anónimo dixo...

Preciosa. Desde logo vas un bo fotógrafo.

Eu non a coñezo (en realidade non coñezo nada en Sobrado, se algunha vez pasei por alí debeu ser hai moito tempo, porque xa nin me lembro), así que creo que formo parte dese grupo dos que estamos tardando en ir deleitar a vista.

Fago apuntamento mental de que teño que ir visitar a túa terra.

Saudos.

Anónimo dixo...

No post anterior quixen por:"fas un bo fotógrafo", non vas. Foi un lapsus.

Pitus dixo...

Ahora que sabemos que eres un buen fotografo ya solo te falta ser un buen paparazzi y que nos pongas fotos de esas nocturnas con la geste de fiesta,ja ja ja.
La verdad es que la laguna tiene algo especial.
Desde aqui aconsejo que hagais "apuntamento mental" y vayais a disfrutar de ella.

Unknown dixo...

Vero:A Lagoa sempre é digna de ser admirada, realmente é un espazo máxico.

Schumi: voy a llevar la cámara este finde a Salamanca y creo que voy a tener que comprar 3 tarjetas de memoria porque 1 no me va a llegar a nada.
Prometo fotos nocturnas y diurnas (toreando).

Saludos