xoves, 3 de abril de 2008

A habitación co espello no teito

Sempre me chamou a atención as habitacións que teñen o espello no teito. Analizandoo detidamente pensas: "quizáis o/a dono/a da habitación quere verse dende outra perspectiva". Os decoradores din que este sistema está ben pensado sobor de todo para as habitacións que tenden a ser pequenas pois dalles máis profundidade e fai un efecto óptico co cal a habitación asemella máis grande do que realmente é.
Os pensadores máis morbosos e lascivos pensaran: "este faino para que cando haxa -mambo- na habitación poida verse así mesmo e a súa parella".
Non sei, particularmente pareceme moi elegante e penso que todas as habitacións tanto grandes coma pequenas deberían ter un. Así cando un esperte pola mañá, habra os ollos e mire cara arriba verase con que cara amanece. Haberá días que con moi boa cara e outros que con peor "careto" debido os castigos os que nos somete a noite, ou mellor dito, os castigos os que nós sometemos a noite. Ademáis a hora de elexir roupa (eu son un dos que a elixo cando esperto) verás se vas máis ou menos decente vestido a traballar ou vas feito un cristo...
Esto ten un problema, se comezas a mirar se o xersei e a camisa pegan ben, que se o pantalón queda algo largo cos zapatos e non sei que, o final desfás medio armario, non che da tempo a almorzar e por riba chegas tarde o traballo pensando e comendote o tarro polo mal que elexiche a roupa que levas hoxe.
De todos os xeitos eu véxolle máis pros que contras o espello no teito e cando vexo un nunha peli ou por ahí entrame envexa sana e penso para os meus adentros: "eu quero un igualiño na miña habitación".
Debe ser unha sensación diferente andar a pasear pola habitación, mirar para arriba e verte, o que che incita a dicir: " coño, ata parezo máis alto..., o meu metro setenta e cinco con este espello convertese en metro oitenta e moito", se a este espello no teito lle añades un lateral como a foto que estamos a ver xa é a panacea e o non vai máis do reflexo persoal, bipersoal ou tripersoal nalgúns casos, a persoa multiplicada por tres: igualiño que o Espíritu Santo, qué maravilla!
Teño claro que o día que teña unha casa o meu gusto, o espello no teito non lle vai faltar, a decoración é moi importante no significado de unha vivenda e a miña quero que teña significado. je je je.

Qué pasedes bo xoves

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Hoooola!!! Xa estou de volta por estes lares cunha depresión postvacacional tremenda (si, o meu non é síndrome, é depresión profunda jeje. Será que aínda cheguei onte e non me afago á choiva despois de tomar o sol en Fuerteventura...que lle imos facer). E créalo ou non, aínda que non te coñezo, botaba en falta ler o teu blog, Víctor. Alí estiven desconectada de todo. Así que comprenderás que entrar agora nel e ver esta entrada fíxome ver que non perdes as costumes de actualizacións curiosas. Porque desa habitación pódense dicir moitas cousas, pero non se pode dicir que non sexa curiosa.

Eu apúntome a ter un cuarto así, quero unha casa grande así que se non pode ser, polo menos que o pareza jeje.

P.D.: E si, a min tamén me veu á cabeza o de verse no teito cando hai -mambo-. Creo que vou pensar ben se poño o espello ou non jajaja.

Saudiños!

Unknown dixo...

Hola chica, moi boas. Benvida logo das tuas vacacións. Agardo que o pasaras moi ben a verdade é que hoxe baixou o clima -de carallo- como dirían os máis vellos.

A verdade é que a habitación da moito xogo e supoño que cada un personaliza (tunnea) a súa como máis lle gusta.

Na miña humilde opinión o espello no teito non deixa de ser orixinal.

P.D: grazas pola incondicional lectura do meu blog.

Saudos

Anónimo dixo...

Que sea boa idea o do espeio no teito ou non depende das dimensios do cu do que sepon por riba(el ela,ela ela ,el el,el o can ,ocan ela ,el ala o can ,o loro el seu tio o cura ela eo can,o can jjsantos o loro ela mais seu primo,os frades masiel o can de jj teu primo ela...............................................................................................................................etcetcetcetcetc

Anónimo dixo...

Boas Victor, encántanme as entradas que fas no blog pois son algo diferente o que estamos acostumados a ler, de todos xeitos espero que non tarde moito un comentario do Depor que fai mes e medio tíñano en segunda e agora parece que é o mellor equipo ... penso que o merece. Saudos. Oscar

Unknown dixo...

-Jeje anónimo, eu escarallome. Pois si pode ser que dependa das dimensións, eso vai a gusto do consumidor, sempre se pode poñer un espello máis largo e ancho.

- Boas Óscar, pois si, seguramente pronto caera algo do Depor, o meu deportivismo cego non me di outra cousa, o que pasa e que as veces procuro variar para non raiar a xente do Depor aínda que realmente me apeteza poñelo.
Xa teño na cabeza un post divertido o que non só os deportivistas senón a todos @s futboleir@s penso que vos vai gustar.

Grazas a tod@s por escribir neste o voso blog.

Cada comentario que leo dame máis forza para seguir escribindo.

MIL GRAZAS

Anónimo dixo...

Grazas pola benvida :)

E xa sabes que seguirei lendo o teu blog mentres ti sigas escribindo nel. Encántame. Segue así.

Saudos.