xoves, 24 de abril de 2008

Medramos con eles, soñamos con eles...

Quen vos escribe, que é a da quinta do 78 (qué gran viño, que colleita, que todo...) e igual ca min xeracións anteriores e posteriores criaronse con series televisivas que nos marcaron para sempre.
En moitas de esas series os vehículos compartían protagonismo cos actores e en ocasións como era no meu caso Kitt (o Coche Fantástico) era máis importante que o propio actor.

Ford Grand Torino - Starsky & Hutch

A adaptación ó cine da serie policial "Starsky & Hutch" en 2004 recuperou un modelo mítico de coche: un Ford Grand Torino de 400 CV. Este modelo comezou a venderse en 1968. O coche non cambiou. Na foto vese os antigos Starsky & Hutch (David Soul e Paul Michael Glaser) o lado da "bala vermella". Eu era moi pequeniño cando saía esta serie na TV pero teño relumbres de ver "o rubio e o moreno" "a todo meter" no seu coche.
GMC Vandura G-15 - O Equipo A

É a mítica furgoneta con unha raia vermella no lateral que acostumaba a "pilotar" M.A. Barracus (aquel negro que levaba unha cresta no medio da cabeza e logo o resto do pelo levabao rapado "ó cero") en O Equìpo A (1983), é un vello modelo de General Motors. A longo da serie sufriu balazos, persecucións, derrapes e ata algún que outro volco. A súa elegante sobriedade, grazas a súa cor negra, ten como detalle de cor o alerón vermello. Non me extraña que levase golpes polo menos o habitáculo xa que aturar todos os días os arrebatos de Hannibal, Murdock, Phoenix e M.A. non debía ser nada fácil.



Pontiac Firebird - O Coche Fantástico

Sen dúbida o meu favorito. Cando era pequeno "flipaba" có coche e coa serie, era unha auténtica pasado. Tiña un estilismo moi avanzado para o seu tempo. Kitt non era un coche calquera: falaba e discurría, tanto que lle gustaba facer chistes e filosofar un pouco. Era o protagonista, xunto a (David Hasselhoff) do "Coche Fantástico" (1982), a exitosa serie que tantos seguidores colleitou en todo o mundo. O modelo orixinal é un Pontiac Firebird Trans Am modificado.Todos os rapaces da miña época soñamos algunha vez con ter un coma este. Inolvidable o "turbo boots" co cal Kitt pegaba uns chimpos que pá qué.

Koenigsegg CCX - O Coche Fantástico 2008

Con este coche eu non medrei, nin os da miña época pero seguramente este modelo voltará a causar furor nas novas xeracións. Está previsto que neste ano 2008 se estrene a película "El Coche Fantástico", con unha adaptación ós novos tempos das famosas aventuras do coche falante. E Kitt modernizouse para a ocasión. O novo modelo é un Koenigsegg CCX tuneado. De todos os xeitos eu quédome cos recordos e o glamour que proporcionaba o primeiro Kitt. Un coche simpático, activo, inolvidable...

Saudos

Ningún comentario: