luns, 21 de abril de 2008

IM-PREZIONANTE

O Muxico, Trukito e Abad miran a capea dende as alturas

O Torero máis patoso de todos os tempos disponse a levar outra cornada da vaquilla
Borja "provocando" a vaquilla
Borja e o seu subalterno nun momento da lidia




É mítica aquela frase do ex-toureiro "Jezulín de Ubrique" cando nunha ocasión dixo: "lo voy a rezumí en do palabra, IM-PREZIONANTE", pois ben, o resumo en termos globais da nosa fin de semana por Salamanca titulariase máis ou menos do mesmo modo (os meus compañeiros de expedición pódeno atestiguar).
O fin de semana tivo de todo, risas, festa (bufffffffffff), descoidos (si Álvaro, tranquilo, que vou contar o da maleta), vaquillas, etc, etc, etc.

Comezamos:

a hora de partida estaba posta para o venres 18 as 19:00 horas, pero débido a que Abad non saia de traballar ata as 20:00 horas.
A saida do Audi A3 (Coche nº 1) foi as 20:15 horas, e os ocupantes eran: Nando, O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón), Trukito e Abad.
A saida do Wolkswaggen Passat (Coche nº 2) ocorreou as 20:25 horas, cos seguintes ocupantes: Miguel, Álvaro, Pichi e Lato (é dicir, eu mesmo).
Posteriormente sairía un BMW 330(coche nº 3) con Borja, Marcos e Adrián as 21:00 horas.
Como vedes íamos sen coches...
A primeira parada no camiño foi nun área de servizo preto de Benavente (o a treinta, je je je) en Zamora, alí levamos a primeira alegría pois tiñan Estrella Galicia para poder refrescar as nosas gorxas, no Coche nº 2 íamos xogando a Playstation Portable de Pichi (coma os nenos) así non nos aburriamos na viaxe.
Logo da parada fumos directos para El Perdigón a cear a Bodega Eduardo, un lugar non recomendable para xente claustrofóbica pero que merece a pena visitar aínda que só sexa para ver as súas estreitas e empinadas escaleiras da entrada (debe ter uns 80 peldaños e non collen duas persoas a par).
Logo de cear diriximonos a Salamanca, chegamos diante do Hotel Gran Vía e dispoñemonos a baixar a equipaxe. Nese momento levo un golpe psicolóxico que me marcaría para o resto da fin de semana. Logo de baixar do maletero a miña mochila co calzado e unha bolsa na que levaba duas camisas, un xersei e unha americana decátome que non esta a miña maleta. Comezo a cabilar e doume conta que quedou dentro do habitáculo do coche de Pichi que está en Sobrado. Supoño que a cara que me quedou foi de circunstancias porque as risas de todo o resto de expedicionarios diante do hotel foron prolongadas. Para min, foi peor que se me deran uns bons lampreazos. Estaba en Salamanca sen pantalóns, sen camisetas, sen roupa interior, sen calcetins, sen cazadora e sen o neceser...
Subimos para as habitacións do hotel (todos estes non paraban de rir e vacilarme) e senteime a pensar un momento no sofá da habitación, simplemente pensaba o gilipollas que eu podía chegar a ser, logo de 45 minutos facendo na maleta, coidando ata o último detalle para que no me esquecera meter nada dentro da maleta e o final olvidaseme no coche de Pichi, como me dixo miña nai o día seguinte por teléfono: "pero Víctor neniño, onde tes a cabeza?"
É dicir, o día seguinte pola mañán tocaba ir de compras para mercar algo de todo, encima a noite do venres ía ser de moita festa, a ver quen se levantaba...
Saimos de festa, o vacile seguiu, por parte de todos e cada un dos compoñentes da expedición con frases como "esto tamén o poñeras no blog", "Lato, acordate de comprar gaiumbos" e cousas de estas, o final Pichi e eu deitamonos as 8 AM.
As 9 AM chegaron de festa Álvaro e Miguel (los hermanos Pinzones) con un melón empeñados en que Pichi e eu tiñamos que comelo e co periódico De Telegraf (xentileza de Álvaro sabedor de que me gusta ler antes de durmir) ademáis tamén traían a revista Telva (que traía un bolso rosa de plaia de regalo) para Pichi. Logo de que accidentalmente o melón se estrellou contra a parede da habitación e parteu en dous anacos e Miguel e Álvaro abandoaran a nosa habitación para ir despertar os colegas de Vitoria de Nando e despertar a Abad houbo unha Chamada a Orde por parte da moza de recepción que lles dixo no pasillo os dous personaxes: "recojed ese melón del suelo y meteos en vuestra habitación" a resposta de Álvaro non puido ser máis contundente "ai, sí, sí..." e non voltamos a oir nin unha palabra, Pichi e eu esmendrellabámonos. A magoa foi que quedamos desvelados, e a pesar de só dormir unha hora fun para a ducha e decidín ir de compras (para repoñer os desperfectos do olvido da maleta), Abad acompañoume, entre outras cousas porque Álvaro e Miguel despertarono e non o deixaron durmir. Logo de marchar nós deixamos encargado a Pichi de que fose para a habitación de Álvaro e non o deixase durmir a él (ollo por ollo e dente por dente, je je).
Fun de compras e logo de duas horas voltamos Abad e eu para o hotel con dous pantalóns, 2 camisetas, roupa interior, calcetíns, unha cazadora, productos de cosmética e unha maleta, TOTAL: 363 EUROCOS. En fin...
Chegou o mediodía e arrancamos en taxi para Pelabravo a comer e para despois celebrar a capea. Coincidimos no restaurante con 3 despedidas de solteiros (imaxinadevos o desfase que hai nese local xa o mediodía) e logo de comer moi ben xa comeza a xente a tomar copas na parte de diante do local, as 4 e media da tarde aquelo parecía un after hours moi heavy, e a xente xa acusaba gravemente os efectos do alcohol (o do sábado e o que aínda quedaba do venres), a verdade é que votamos unhas risas flipantes. Na nosa mesa eramos 21 entre os amigos vascos de Nando e nós e antes do postre xa estabamos a cantar e a petar na mesa, un festón...
As 17 horas fumos para a plaza de toros que está a uns 400 metros do centro do pobo, alí ademáis de unha pequena Praza de Toros hai o lado unha piscina que abre no verán e unha discoteca. Fumos directos para a discoteca e non paramos de tomar chismes toda a tarde. Logo de unha dura negociación Borja conseguiu que a capea para o noso grupo fose gratis (teño poucas fotos pero Nando ten dous videos que se saen do mapa). Na capea había un paisano vestido de toureiro que era a cousa máis patosa que vin xamáis (o típico que sae en Videos de 1ª que é torpe correndo, canlle os pantalóns e pillao a vaquilla sempre), chupou cañonazos da vaquilla a tumbo e a pesar de que os colegas lle dicían que parase de torear él seguiao a intentar e a caer na mollada area do ruedo. Puiden ver como un amigo de unha vez lle estaba a lavar a cara no baño, estaba sangrando pola frente e estaba todo manchado de barro, pensei que me ía mal coa risa.
Borja, Pichi, Álvaro, O Muxico e Miguel mostraron as súas dotes co capote (Pichi e Borja puxeronse feitos un cristo, todos mollados e manchados), incluso levaron unha pitada por parte do respetable por montar encima da vaquilla (no video de Nando apreciase considerablemente).
A nota de humor máis graciosa puxoa Adrián de Arzúa que intentando grabar un video dende o teléfono de Marcos Ayude grabou o revés e en vez de grabar a capea grabouse a si mesmo sen darse conta (no video vese como Adrián acerca a cara o móvil para ver mellor, un auténtico show) o video dura 6 minutos e Marcos prometeu colgalo en youtube, xa informarei do título para que o poidades ver.
Logo de toda a tarde nas vaquillas subimos outra vez para o restaurante a tomar máis copas, logo marchamos para Salamanca a ducharnos e a cear. Logo da cea tocaba outra vez sair de festa, eu acusei o cansanzo acumulado e no primeiro garito (Gatsby) comezoume a dar o baixón e a 1:00 AM tívenme que ir para habitación do hotel, fastidiabame porque a cabeza diciame que había que seguir a festa pero as pernas non respondían polo que decidín abandoar.
Evidentemente todos estes seguirón de garitos e deitaronse de novo as mil quinientas, eu pola miña parte durmin xenial e o domingo as 11 xa estaba duchado, durmira coma unha rosa.
Comemos nun mesón na Praza Maior de Salamanca para despois facer xa a viaxe de volta. Viñemos con calma conducindo eu o coche nº 2, con Miguel (meu padriño) de copiloto (só de corpo porque de espiritu...), detrás viñan Pichi (o único que me dou conversación todo o camiño) e Álvaro (sobando coma un beiaco).
Chegamos a Ramiro as 20:45 horas e aínda quedaba a última anécdota, O Muxico perdera as chaves do coche en Salamanca e non se enterou ata que chegou a Sobrado. Por suposto logo do vacile que recibín todo o fin de semana tocaba pegar a min e chameine por teléfono para dicirlle o seguinte: "Pablo, apareceron as chaves do coche", él contestou "si? veña oh, estas de coña" o que eu lle respondín "si tío, si que apareceron, estaban o lado da miña maleta", e comeceime a escarallar de risa.
Parece ser que debido o descuido das chaves O Muxico puxo o coche a venta porque logo de cear voltei a baixar a Ramiro e na parte de atrás do seu coche podíase ler o seguinte nun papel A4 blanco.

SE VENDE
PRECIO ECONÓMICO
TLF:.............
RAZÓN: NO TIENE LLAVES

Ahí acabou a fin de semana e tamén a expedición pasamolo realmente ben (se non fora pola cabrona da maleta) e confiamos voltar axiña a outro evento coma este.

Saudos

3 comentarios:

Anónimo dixo...

jejejeje vaia cousas vos pasan!! Non quería eu estar no teu pelello cando chegaches e descubriches que estabas sen maleta.

A anécdota do que se grabou a si mesmo é chistosa. Gustaríame ver o vídeoe ese, porque a min pasoume algo parecido fai pouco en Lanzarote. Pedímoslle a un italiano que nos sacase unha foto e o tipo pegou a cámara dixital ó ollo para mirar. Como non vía nada (obviamente) deulle a volta e, facendo un aceno de autosuficiencia,en plan: "tranquilas que xa sei como funciona isto", colle e ponse a mirar polo obxectivo!! Cunha cámara dixital!!! Xa me dirás que é o que vía... Eu creo que nunca me rin máis.

Saudiños!

Unknown dixo...

Vou voltar a delegar noutra frase de Jesulín o que se me pasou nese momento pola cabeza para expresar o que sentía:

LA VIDA EZ COMO UN TORO!

Ahí queda eso!

je je je

Álvaro dixo...

Pero Vitiño, pero Vitiño...!!!!
Eu simplemente vou facer un comentario do sucedido o fin de semana:EU REPITO!!Estivo todo xenial pero o sabado pola tarde foi increible.
P.D.:este venres xa avisarei a Pichi para que non se acerque a túa casa, je je je!!!!