luns, 14 de abril de 2008

Nenos, a "capear" o temporal a Salamanca

Esta fin de semana unha ampla representación masculina de Sobrado viaxará a terras de Castela para formar parte de unha trepidante e espectacular "capea" que seguro que non defraudará a ningún dos asistentes.

A capea celebrarase no pobo salmantino de Pelabravo e durará toda a tarde do sábado, alí torearemos, comeremos e beberemos a gusto do consumidor. Evidentemente esta actividade non supón ningún maltrato nin sacrificio físico para a vaquilla de un ano de idade, e máis pode que saiamos nós peor "fisicamente" da capea que o propio animal.

Esta capea está organizada polo incombustible Nando de Cabado (Caixa Galica Man) e xa está garantida a presenza de ademáis de o organizador e de quen vos escribe dos seguintes fenómenos: Álvaro, Pichi, Miguel, Abad,Trukillo e Borja hai varias dúbidas pero agardo que non falle ninguén, a esta expedición ten moitas posibilidades de unirse O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón), Lisardo, Pirulo, Pazitos, agardemos que Esteban, e a Pedino e a José Luis témoslle que comer un pouco o tarro pero o mellor a insistencia aínda da os frutos desexados.

A folla de Ruta é a seguinte:

Venres 18 de abril 2008: saida de Sobrado pola tardiña e cea no pobo de El Perdigón (Zamora), nunha bodega subterranea (na que xa tiven o gusto de estar é ademáis de ser moi guapa cómese de luxo) degustando os productos típicos da terra. Posteriormente, desplazamento a cidade de Salamanca para facer unha visita "turística" os locais de copas máis destacados da cidade.
Sábado 19 de abril 2008: desplazamento en autobús dende Salamanca ata o pobo de Pelabravo, as 13:00 horas comida e bebida de confraternidade e posterior capea con toreo por parte de varios "destros" de Sobrado: "Finito" de Vilariño, "Berzin" de la Capea e "Trukito" de Eirixenova son os cabezas de cartel.
Para os que teñan máis aguante e o etílico os permita ver, xa metidos na noite voltarase para Salamanca onde os máis festeiros poderán sair de festa ata que o corpo aguante.
Domingo 20 de abril 2008: volta para Sobrado logo de un trepidante fin de semana onde agardamos voltar con duas orellas e o rabo (IMPORTANTE LEVAR ALMAX E ASPIRINA C PARA A DOR DE ESTOMAGO E CABEZA).

SORTE "MAESTROS" VÉMONOS NA PRAZA.

As fotos non corresponden a Praza de Touros onde imos celebrar a capea (aquel que se sinta referenciado neste post xa sabe o meu número de telefono para dar novas ideas para a fin de semana como pode ser a talla da monteira, o color do capote, o perfil do estoque, etc, etc, etc...)

Última hora: O Muxico confirma a súa presenza na expedición (nova actualizada o 15/04/2008 ás 20:01 horas)




3 comentarios:

Pitus dixo...

Cabrones tomaros unas pocas a mi salud que yo no puedo acompañaros al evento,y mira que me jode un rato largo.
Iba a dejar a el Juli en ridículo al lado mio.

Álvaro dixo...

Buff,buff,buff!!!
O lugar:sobresalinte; o evento:novedoso e atractivo; a expedición: non vai defraudar as expectativas creadas.
MIÑA NAI QUERIDA XA ME TARDA CHEGAR A RAMIRO O VENRES POLA TARDE.
P.D.:en youtube pódense ver videos capeas en Pelabravo.
Descansa toda a semana que en Salamanca non están preparadas as barras para botar sonecas.

Unknown dixo...

Pitus: al final vamos a hacer una Kale Borroka en Basauri como no puedas venir.

Alvarito-Merendolas: esta semana xa estou intentando dormir o máis que poido porque quero estar espabilado para darlle xeito o capote. Finito de Vilariño xa parece recuperado da súa lesión polo que seguramente lle tocará o segundo da tarde.
Veña saudos e coidadiño por "See" e a Costa da Morte.ñ