martes, 1 de abril de 2008

O tempo está tolo

O domingo quedoume moi claro que o tempo está tolo. Calqueira día todo "esto" vai pegar un estalazo que a ver onde nos manda.
O fenómeno do domingo aínda non mo explico. Logo de sair de festa (de corpo presente porque a verdade e que estaba rendido do venres) por Melide o sábado, levanteime a eso das 12:30, baixei mercar a prensa de todos os días: La Opinión, Depor Sport e As. Facía un día de sol e parecía que a primaveira quería amosar a patiña tenuemente.
Acabei de comer, e a eso das 16:40 horas dispoñome a coller o coche para ir a Riazor a ver o transcendental partido do Depor fronte o Murcia, poño as gafas de sol para conducir porque ademáis de estar radiante "Lorenzo" pica. Cando Noe e eu chegamos a Coruña a verdade é que non puiden de sair do meu asombro: alí estaba todo moi oscuro e o ceo ameazaba que nos quería dicir algo que non podía ser bo.
Faltando 40 minutos decidimos entrar no Estadio e foi o maior acerto que puidemos ter... Nada máis sentarnos na miña ubicación onde son socio: Asiento 27, Fila 24 de Pavillón Superior o vento comezou a zoar con unha forza que non era normal. Parecía como se un terrible temporal en alta mar se adentrara dentro do Estadio de Riazor, semellaba que as láminas de chapa que cubre Riazor se foran a marchar coa forza do vento de un momento a outro, a xente que xa estaba dentro do Estadio miraba con incredulidade o horizonte. A min o frío e o vento colleume ben: tan só levei unha camiseta de manga larga con capucha e por riba a camiseta de Valerón (en Sobrado facía sol e había 15º), polo que o frío entrabame ata os osos. De repente comezou a caer unha tromba de saraiba cando os xogadores de Depor e Murcia estaban a facer os exercicios de quecemento, en cuestión de 10 segundos dende a miña posición non se vía a portería que teño enfrente (Fondo Marathon Inferior), que ocupan os Riazor Blues, só se vía unha cor branca no aire debido o granizo. As fotos que vos poño a continuación non se ven con unha magnífica claridade debido o granizo.
A foto de arriba é Tribuna Superior e Inferior e unha esquina de Marathon Superior e Inferior, a imaxe está tratada con un zoom x3 para intentar retratar o abundante granizo que estaba a caer nese momento.
Esta foto reflexa o quecemento do Murcia en primeiro termo e o Depor máis atrás, é no momento onde comeza a granizar con intensidade inusitada. Moita xente tivose que agochar debaixo dos palcos VIP pois o granizo e a auga entraban por todos os lados.
Dicir que logo de un ratiño de esta saraiba o día estabilizouse e incluso un pouco antes de marcar "Santillana" Xisco o primeiro gol saiu o sol. Quizáis para brindarlle o Depor unha nova victoria... quen sabe, O TEMPO ESTÁ TOLO!

Ningún comentario: