Pois sí. Agora é o meu momento. A maioría dos meus amigos tiveron as vacacións nos meses de xullo ou agosto, ou ámbolos dous (verdade Álvaro e Esteban?) pero a partires de mañá son eu que disfrutará de un plácido mes de setembro de vacacións. É dicir, dende mañá ás 20:00 horas ata o luns 1 de outubro ás 16:30 estarei oficialmente de vacacións.
Por riba, segundo din os homes do tempo parece que o mes de setembro vai a traer consigo un clima seco e soleado polo que o mellor non me veu tan mal pillar as vacacións neste mes.
Debo dicir que seguiremos a rachar co Sobrado On Tour 2008 e intentarei ter máis ou menos actualizado este blog aínda que non prometo ter post todos os días de luns a venres como habitúo a facer.
Para o mes de outubro haberá un resumo extenso do acontecido no mes de setembro, un mes moi especial eiquí en Sobrado pois de todos é sabido (e para os que non o saiban dígollelo eu) que son as festas grandes na honra á Virxe dos Dolores. Venres 19, Sábado 20 e Domingo 21 serán as datas de este ano aínda que tamén un pouco o Xoves 18 coas "archiconocidas" vísperas (traicioeiras se tes sede).
Dicir tamén que no blog de Schumacher www.pitusbasauri.blogspot.com aparece un enigma que parece difícil de descifrar. Eu non fun capaz de a ver se algún ou algunha pode axudarlle a Iosu a sair da total confusión na que se encontra nestes intres por mor de unha fotografía.
Saudos
Disfrutade do verán.
7 comentarios:
Desfruta moito das túas vacacións, que o tempo preséntase estupendo!!
E xa nos contarás, que seguro que anécdotas vas ter unhas cantas!!
Botarémoste en falta cando nos actualices.... :(
FELICES VACACIÓNS!
Ai si, acabo de entrar no seu blog e entre ti e máis el tedes un dilema tremendo! Seredes argalleiros!! jajajaja Donde teredes a cabeza!! (ou máis ben a vista... xDD)
Pasao a tope!!!! (bueno, seguro co farás) Eu tamen penso que vas a ter un mes de setembro, estupendo!
E como di Vero, botarémoste en falta!!!
Que teñas boas vacación!!!
Saudos
Sara
Buff, moitísimas grazas, sodes xeniais. Non terei abandoado o blog, prometo 2 ou 3 posts por semana. Queda dada a miña palabra.
Graciñas unha vez máis por estar ahí día si e día tamén.
A disfrutar!!!
que o pases ben, e non te vaias a perder por ai qeu e moita perda
Si, si... sigue escribiendo aunque estes de vacaciones.... que los que aun no hemos podido pisar sobrado este año, nos gusta leer todas esas cosas... pasalo bien !!! a mí tambien....me kedan 2 dias y vacaciones!!!!!! pocas ganas......
saludos,
sonia.
P.D.: gracias por el cartel!!!!
Grazas a todos por comentar, as vacación de momento sen nada resaltable agás que hoxe fai un día de cans.
Soni: el cartel no me dio mucho trabajo facilitartelo pues el transporte corrió a cargo de tu primo, je je je. Saludos
Publicar un comentario