
Toca abrigarse e se pode ser posible quitar as cámaras para inmortalizar as espectaculares postais que nos outorga a señora neve cada vez que nos visita. Di o refrán que "ano de nevaradas ano de bens", ogallá así sexa e tod@s e cada un dos que nos citamos por eiquí habitualmente teñamos un remate de ano sinxelamente espectacular.
Deixovos a información da edición dixital de La Voz de Galicia:
O tempo
Previsión xeral Hoxe: Mércores, 01 de diciembre
Comentario
Un día máis continuaremos baixo a influencia dunha masa de aire moi frío e certo grao de inestabilidade aportado polas baixas presións que se sitúan ao norte da península Ibérica. Deste xeito, teremos chuvascos intermitentes,que serán de neve en cotas relativamente baixas, entre os 400 metros durante a mañá e os 300 metros pola tarde; estes chuvascos serán máis probables e xeneralizados pola tarde. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, as máximas non sufrirán cambios, pero o frío será a nota predominante durante a xornada. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior e moderados no litoral.
Estado do Ceo
Chuvascos intermitentes, que serán de neve en cotas relativamente baixas, entre os 400 metros durante a mañá e os 300 metros pola tarde; estes chuvascos serán máis probables e xeneralizados pola tarde.
Temperatura
Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios.
Vento
Ventos de compoñente norte, frouxos no interior e moderados no litoral.
Temperaturas previstas Localidade Temperatura Máxima Temperatura Mínima
Ferrol 10ºC 4ºC
Fisterra 10ºC 5ºC
Santiago 7ºC 3ºC
Monforte 7ºC 1ºC
Lugo 7ºC 1ºC
Ribadeo 10ºC 6ºC
Viveiro 9ºC 5ºC
Ourense 10ºC 5ºC
Verín 7ºC 1ºC
Lalín 6ºC 2ºC
Pontevedra 11ºC 5ºC
Vigo 11ºC 4ºC
Vilagarcía 11ºC 6ºC
A Coruña 10ºC 6ºC
Pedrafita 0ºC -2ºC
O Barco 7ºC 1ºC
Cuntis 10ºC 3ºC
Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia
3 comentarios:
Eu,coma todos os invernos, estou desexando que neve XA!! Encántame a neve, pero é que ademáis, sempre pasamos un frío tremendo. Así que, polo menos, pasar frío para algo...
Non sei en Oza, pero en Sobrado neva a plena rendemento, mola moito..., jajaja.
Si, eso, ti mete máis o dedo na ferida!! jaja
Publicar un comentario