luns, 7 de xullo de 2008

Amo e Señor


Rafa Nadal voltou a dar na tarde-noite de onte gloria o deporte español logo de gañar o torneo de Wimbledon, o máis prestixioso na superficie de herba o suizo e número 1 do mundo Roger Federer.
Nadal logra así o 2º título da historia de Wimbledon para un xogador español logo que hai 42 anos Manolo Santana fose o primeiro tenista nacional en gañar o aberto inglés.
Con este título Rafa demostra que actualmente é o tenista máis en forma do circuito, gañando nunha superficie que ata o de agora se lle resistía a pesares de que xa xogara tres finais de xeito consecutivo.
Esta victoria encumao coma o que é: un auténtico campión que unida a súa insultante xuventude poida ser que co paso do tempo Rafa Nadal se convirta nun dos xogadores máis grandes da historia do tenis.
Debo dicir que alédame moito pois Rafa é un tío que me cae bastante ben, a pesares do seu acento "pijo" é un deportista que sempre vai coa humildade coma bandeira e sempre é moi comedido nas súas declaracións (moi lonxe por exemplo da actitude casi sempre "chulesca" que amosa Fernando Alonso cada vez que consigue algo). A pesares do que xa leva conseguido o manacorí destaca unha e outra vez que o número 1 do mundo é Roger Federer, quen por certo é todo un señor tanto cando gaña coma cando perde.
Parabéns a Rafa e que nos siga dando moitas tardes de gloria.

Ningún comentario: