Sábado celebrouse en Sobrado a II Edición do Día da Familia. Estivo xenial, o día acompañou, houbo case 500 persoas comendo e disfrutando de este día na Área Recreativa de A Pontepedra, a charanga B.M.V. montou unha boa festa e todo este xolgorio acabou ben entrada a madrugada.
Polo que respecta o noso grupo pasamolo xenial, éramos 20 e debo dicir que todo o mundo acabou no río Tambre agás Fonsi e Noe. Comezou por caer un (Miguel) e o final todo o mundo acabou sendo empurrado e empapado. Chus ten moitas fotos chulísimas que me pasara de bastantes individuos no río que axiña poñerei eiquí no blog.
As risas foron constantes. Ademáis acabouse a cervexa, o Barceló, o Bacardi Limón, o Cacique e o Beefeater polo que houbo que repostar e ir a por máis. Incluso a caixa de viño de 15 litros mercada para a ocasión quedou temblando a pesares de que eu era dos que apostaba que pouco viño se ía beber, en fin...
Como final de festa meu pai acabou (por variar) cantando nun esceario improvisado para a ocasión (o tractor de Toñito) que dispuña de son e luces (xentileza de Suso o Barbeiro).
Eu as 02:30 AM retireime pois non podía máis coa pel logo de todo o día "trouleando", dicir tamén que houbo un "convoi" composto por Álvaro, Truki, Abad e O Muxico que non contentos con todo o día de festa foron dar cos seus osos a Melide (habían de dar gusto) e chegaron o domingo pola mañá. Mención especial para o Muxico que se dignou a baixar a comer o polbo a feira no mediodía de onte tal coma prometera o sábado, durmindo moi poucas horas coma nel é habitual.
Agardo pois polas fotos de Chus que non teñen desperdicio, o sábado puiden ver algunhas dende a cámara e son espectaculares.
O sábado foi un bo presaxio e agardemos que na Troita o tempo respete coma fixo nesta ocasión.
Saudos e bo comezo de semana.
9 comentarios:
Miña naiciña...menudo pedal! con esa cantidad de alcohol no corpo! quen os veria. Menuda envexa quen me dera estar, co festas que son eu,jajajaja
Estou desexando ver as fotos, aposto que estaran ven cómicas.
Que teñas una boa semana Lato!!!
Non teño ningunas ganiñas de traballar!!!!!
Saudos
Sara
OXE PRAIA!!!
jejeje tes un pai cantante?? Daquela as festas e reunións familiares na túa casa deben ser ben divertidas jejeje. Esa xente coñera que acaba cantanto subida a donde sexa (ainda que sexa un tractor xD) é a que anima as festas, si señor!! Aínda que non estiven alí para velo, OLE POLO TEU PAI!!
Hola Lato!!!
Escoitei nos "40 principales" que este find ai festas en texeiro, que ai cabalos e non sei que mas. Ti sabes algo? Seguro que si..jejejeje!!
Saudos, Sara
Será a feira cabalar??? Pero eu pensaba que esa feira a facían en Curtis... non sei, pero seguro que Víctor si que sabe jeje.
Hola Vero!
Seguro que dixeron Curtis, pero o collin a medias e ven mal, polo que vexo, jejeje...
Tes razon, Victor seguro co sabe de voa tinta.
Que tal está a feira, fuches alguna vez?
Saudos Vero, e gracias
Sara
Vero e Sara, xa vos deixei un post con información referente a Feira do Cabalo de Teixeiro (Curtis) que será o domingo 3 de agosto. A nivel particular dicir que estiven un par de veces nesta feira e aglutínase unha cantidade importante de xente a pesares de que tamén coincide coa Feira do Cabalo de Friol (Lugo) e coa festa do Galo de Curral de Arca (O Pino) onde tamén hai cabalos.
De tódolos xeitos teño algúns amigos que son apaixoados do mundo dos cabalos e seguro que poden ampliar máis información ca min sobor esta feira.
Agardemos pois que nos conten os seus pareceres respecto a Feira do Cabalo de Teixeiro.
Saudos
Sara: Pois si, tiñas ti razón, é en Teixeiro. Eu pensaba que a facían en Curtis... neste caso a enganada era eu jeje. E non, nunca fun, pero como di Víctor, si sabía que se xuntaba moitísima xente nela. Así que seguro que esta edición volve ser un exitazo.
Víctor: Desde logo, ti sabes de todo!!! Da gusto entrar aquí e enterarse dos saraos todos, festa da familia, feira do cabalo, verbenas de media Galicia... estás en todo!
Hola!!!
Vero: Xa che digo, non o podia descutir xp tampoco estaba segura, pero NON PASA NADA!!! xa temos a Victor para informarnos, jejejeje....
E una maravilla de rapaz, verdade?
Bueno con tanto piropo non va a ver que o ature, jejejejejejejejejejejejejejeje.
Victor: Inda por enrriba nos informas de outras festas, eres falando mal e pronto A OSTIA!! Graciñas Victor.
Que teñades un bo día, apretas para os dous!!!
SAra
É certo, non vai haber quen me ature! je je je. Non fixen nada do outro mundo, todo sexa porque o persoal se informe das súas inquietudes, je je je.
Saudos e grazas por estar ahí.
Publicar un comentario