xoves, 10 de xullo de 2008

Sidrería mastodóntica, esencia Astur

Entrada da descomunal sidrería
Nos barrís valeiros a xente come dentro e nos que están tapados é onde se encontra a famosa sidra a granel.

Imaxe típica de "ábrele al grifo"



A decoración do comedor ten un gusto exquisito

Detalles do inmenso mostrador con productos típicos asturianos


A paneira non é pequena de todo

Detalle dos barrís e do comedor


Moita "sidriña" vos hai alí metida...
Pensando na viaxe que Pichi vai facer este fin de semana a Oviedo non se me quita da cabeza a Sidrería Tierra Astur. En Oviedo hai dúas: unha na rúa da Gascona (quizáis a máis coñecida da cidade carbaiona debido as súas numerosas sidrerías) e outra no Polígono Industrial de Colloto, preto da cidade ovetense que foi onde ceamos a 1ª noite o pasado verán co motivo da despedida de Pirulo.
Impresionoume o local, os barrís de sidra onde ata 6 persoas poden comer no seu interior e o local en sí decorado con moi bo gusto.
Este local foi a antiga fábrica da Cervexa Águila polo que este restaurante denomínase Tierra Astur Águila.
Se ides a Oviedo ou pasades preto esta sidrería é visita obligada, seguro que vos gusta e non podedes deixar de degustar a súa sidra a granel, eso sí tede cuidado que é moi engañosa, cando te fías da sidra podes pillar medio mareo ou mareo e medio.
Dicir que o comedor ten capacidade para 400 persoas polo que vos podedes imaxinar as dimensións da nave, ademáis ten un longo mostrador onde están expostos diversos productos asturianos que se poden mercar como en calqueira tenda normal. Se esto non fora pouco por riba todos os xoves hai actuacións en directo, e é que a Tierra Astur merece moito a pena.
SOBRADO ON TOUR 2008:
Hoxe dúas opcións:
OPCIÓN A: Borraxeiros (A Golada) -Pontevedra- Orq. Gran Parada
OPCIÓN B: Monterroso -Lugo- Orq. Trébol
Aínda por decidir pero con un 80% de opcións para Borraxeiros e un 20% para Monterroso.








8 comentarios:

Anónimo dixo...

Paréceme precioso!! e de precios que tal? ten pitiña de ser un pouco caro, non?

Habra que probar e ir por ai algún fin de semana. Tes razón Asturias e maravillosa e a xentiña de ali tamen.

Tiñan que ser do norte!!! Somos do millorciño que ai!!jejejejeje

Que pases un moi bo find!

Saudos

Por certo este sábado e a Festa do Percebe do Roncudo en Corme, tamen va poñer polbo, empanada, pan e viño.

Anónimo dixo...

Son Sara, non me lebrei de firmar!

Unknown dixo...

É unha sidrería moi guapa, merece a pena. De prezos normáis, nada do outro mundo, quero recordar que había menús por 15 e 20 € e aseguroche que a comida sobra. Ademáis se lle engades un plus de 2 € podes beber toda a sidra dos barrís que queiras, só lla tes que pedir o camareiro (de nós na despedida quedou ata o gorro de tantas veces que lle pedimos, parecía coma se levásemos 20 días sen beber líquido...)

Grazas por comentar e saudos

Anónimo dixo...

Daquela xa non esteas tan seguro de que o plus para a sidra siga sendo de 2€... en vistas da sede que tiñades fijo que agora o plus costa máis, por se volvedes jejeje.

Saudos.

Anónimo dixo...

Pois non me parece caro, pero Vero ten razón co dos prezos de seguro que agora estan polas nubes por culpa vosa, jajajajajja...

Graciñas Lato

Saudos Sara

Unknown dixo...

Tereille que preguntar a Pichi e a Carol se subiron a sidra dende aquela porque sei de primeira man que o sábado cearon no Terra Astur (MMS incluida), je je je.
De tódolos xeitos non me extrañaría nada que subise dado o alto índice de litros que perdeu o camareiro cando quería votar sidra nunha táboa de 4 vasos o mesmo tempo. Seguro que unha moza de vestido marelo que estaba ceando preto miña aínda se acorda da nai do camareiro...

Anónimo dixo...

A verdade e que sigue subindo igual de ben! preguntalle a tua amiguita carol! a verdade e que estando en Oviedo e unha parada obrigada
finito

Unknown dixo...

Así que mi amiguita Carol mojo un pie? bueno, bueno, bueno, no somos nada...,je je je.
Non coñezo a ninguén que entrara nesa sidrería e non saira un pouco "doblado", ja ja ja.
Debe ser cousa do Principado.

Saudos Finito