mércores, 2 de xullo de 2008

Felicidades Nandinho!


Hoxe cumpre anos un dos personaxes da Xeración do 78, Nando de Cabado. Nando chega os 30 nunha época na que ameaza con ser o futuro Director Xeral de Caixa Galicia.
Logo de adquirir a doble nacionalidade sobradense-salmantina cohabita polas terrazas de Betanzos (a antiga Cidade dos Cabaleiros), o pobo de Sobrado (cuna do Císter en Galiza) e os montes de Enduro que están preto da nosa vila (a Cova da Serpe) compaxinado con viaxes de fin de semana a Salamanca (charrolandia), unha cidade que de vez en cando vota de menos.
Todos agardamos que teñas un feliz cumple e que invites a algo de noite (como non!), acabas de entrar na idade dos privilexiados e axiña haberá que festexalo.
* Na foto vemos a Nando apadriñandose a si mesmo con unha Estrella Galicia, un sábado calquera de decembro, nun pobo cercán calquera (Melide) e nun pub dos que acostumamos a "cohexistir" (Kemais?), sentado na barra marcando o ritmo da música que pola cara podemos averiguar que o son da percusión debía ser alto polo que é moi fácil que fora música de "chunteo".
Veña tio, pasao ben e que cumplas moitos máis.
Bicos

2 comentarios:

Anónimo dixo...

felicidades herrero!!!!! menos mal que nesa foto non tiña a nariz e as mans teñidas de roxo! no kemais todo pode pasar
FINITO

Unknown dixo...

Pode oh! ata ter que tomar chupitos de Ballantines Etiqueta Negra non tendo ningún de nós nin idea de whiskies (bueno Trukito si).
O da nariz e as mans roxas inolvidable, ese día bailamos na barra, recordas Pichiño? je je je.
Este sábado haberá que ir facer unha visitiña (creo que Álvaro abandonanos este finde pero encargareime en Visantoña de comerlle o tarro).