xoves, 17 de xullo de 2008

Petete volve a quedar sen combustible


Mércores, 16 de xullo 22:10 horas exactamente. Logo de cear e vendo que na televisión por variar non hai nada, que non teño sono, que non me vou poñer a montar a Play ou a Wii e que música xa a escoitei todo o día decido baixar a tomar un café a Ramiro.
O baixar, no cruce da Vía Sacra na Praza párame Petete que vai no seu flamante BMW 320 acompañado por Rose. Logo de falar con él dime que vai cear.
Chego a Ramiro e un pouco máis tarde chega Esteban, de seguido Yoly e máis tarde Chinorris. Logo de estar barullando un bo anaco Esteban ponse a xogar a máquina de Pinball.Pasados uns 10 minutos de todo isto soame o teléfono, é Petete:
P"Lato, está ahí o Negro?"
L"si qué está"
P"dille se é gilipollas ou que ten para non collerme o teléfono, dame apagado ou fora de cobertura"(con voz apurada coma sempre)
L"o Negro está xogando o Pinball tio"
P"mira que é gilipollas o tío, non sei para que quere o teléfono (Petete parecía desesperado), Lato, sabes onde hai unha gasolinera que non peche antes das 12?"
L(a min xa me entra a risa)" si home, na Area de Servicio de Guitiriz que é 24 horas" (nese intre xa me din conta, non podía ser, pero tiña que ser, outra vez a mesma operación, Petete acababase de quedar sen gasoil ou se tiña, quedáballe moi pouquiño. Logo da aventura hai 3 ou 4 anos na Autovía A6 que se quedara tirado estaba a piques de repetir e só tiña gasoil para chegar a Estación de Servizo máis cercana).
Esteban (o Negro) que tamén se cosca da conversación, dende o Pinball comezame a dicir "dille que é ben zambrón, volveuse a quedar sen gasoil (e mete un berro que se oe en todo o bar: "Zambroooooooooooon")
A min íame mal, Yoly comezouno a vacilar e comenta Petete: "dille a Yoly que se poña", logo de vaciles varios colgou o teléfono.
O explicación é a seguinte: Petete preferiu alimentarse él (cear) e non alimentar o BMW (encherlle o depósito do pobre automóvil), descuidou o horario e cando se dou conta xa era tarde para repostar en Sobrado.
Petete eres un crack!!!! je je je
Diésel Gustazo!!!!
SOBRADO ON TOUR 2008: hoxe, xoves 17 de xullo estamos en Arzúa con FANIA BLANCO SHOW e OLYMPUS.
Venres 18 de xullo en Teixeiro con JOSELE SANTIAGO, SIDONIE e MARBELLA
Sábado 19 de xullo en Teixeiro con FANIA BLANCO SHOW E CHARLESTON BIG BAND
Domingo 20 de xullo en Teixeiro con CIBELES e OLYMPUS
Saudos

5 comentarios:

Anónimo dixo...

jajajaja...manda carallo!! Menuda cabeciña que ten teu amigo! Mira que quedar sen gasolina...jejejeje

Este rapaz non era o que saiu no informativo da tvg? xa me tiña pinta de despistadiño, jajajajaja!!!...e broma! espero que se o lee non se enoxe conmigo.

Saudos

Sara

Pasadeo moi ven hoxe nas festas

Anónimo dixo...

LATO LO TUYO ERA SER PERIODISTA.
TE LO DIGO EN SERIO Y CON TODO EL CARIÑO DEL MUNDO.

BESOOOSSSS LOCOOOOO

Y PASARLO BIEN EN LAS FIESTAS DE ARZUA Y TEIXEIRO.

Anónimo dixo...

JAJAJAJAJAJAJA!!!!!! SERAS ZAMBRON!, petete tiñas fame lambon! Lato e a ti xa che vele publicar estas azañas do noso amigo unha vez pasalle a calquera jajaja!
finito

Anónimo dixo...

Bueno, risas son risas pero a Petete non creo que lle fixera moita gracia, non me extraña que se lle notara desesperado por teléfono, pobre!!

Non che me gustaría nadiña estar no seu pelello, non non!

O plan para o On Tour deste finde gústame si. Onte pola mañá estiven en Arzúa e pensei: lástima que non fose hoxe á noite! Encantaríame poder ir esta noite... pero se cadra cópioche o plan do domingo jeje.

Saudos.

Unknown dixo...

Sara: efectivamente, estás no certo, é o mesmo artista que saiu na Televisión de Galicia. Temos un mediático (protagonista como diría Esteban) entre nós. Temos que explotalo (a súa imaxe, non a él evidentemente,je je je).

Anónimo: gracias, buff, lo de periodista queda muy lejos, como mucho amago de escritor de historias singulares. Se intentará pasar lo mejor que se pueda, alguna fotillo pondré de estos "eventos".

Finito: unha vez si, pero duas..., je je je, e o peor é que seguro que lle vai volver a pasar! Petetovic, Petetovic, qué cabeciña neno!

Vero: se cando estivo falando conmigo 22:10 fora a gasoliñeira xa non pasaba eses apuros pero xurdíalle cear e pasouselle o tema de que o BMW tamén tiña "hambruna", je je je. Que os coches tamén se alimentan...

Saudos coleguis