martes, 15 de xullo de 2008

Galicia Calidade

A espectacular Praia de Rodas
Galicia ou o Caribe?


Veleiros na Praia de Rodas antes de dar comezo unha competición

Iates en Rodas
Panóramica preciosa de Rodas
Imaxe do lago das Cíes
O lago visto dende outra perspectiva
Outra máis do lago


Xente bañandose nas frías augas de Rodas

A Navieira Cangas-Cíes

A Mellor Praia do Mundo segundo "The Guardian"

Vista de Cangas dende o barco


Real Clube de Iates de Baiona

Fortificación do Parador Nacional de Turismo de Baiona

Porto de Cangas
Sen dúbida que o fin de semana que pasamos polas Rías Baixas Noe e eu foi espectacular. A crónica é a seguinte:
sábado 12 de xullo: as 08:30 soa o despertador, logo da ducha e o almorzo dispoñome a meter a equipaxe no coche, coas prisas baixo só coa mochila, cando estaba metendo esta no maletero doume conta que me ía sen a maleta (case me volve a pasar a operación de Salamanca) volvo a subir á casa e dígolle a miña nai: "case marcho sen a maleta" o que miña nai respondeu ríndose: "moi ben, ti non aprendes".
10 minutos despois recollín a Noe e a eso das 12:00 chegamos a Cangas, día soleado e 24 grados de temperatura aínda que con brisa mariñeira insistente. Rexistramonos no hotel e deixamos a equipaxe, é hora de facer a volta de recoñecemento por Cangas, visita obligada a oficina de turismo e de mercar o As (a información deportiva non pode faltar na miña vida). Tomamos unha caña nas terrazas en fronte ó Porto e decidimos que é hora de ir a xantar. Comimos nunha rúa que se chama Os Arcos preto do porto tirando para a zona antiga, cómese ben, en cantidade, calidade e prezo (recoméndovos esa rúa se pasades por Cangas) calqueira dos restaurantes e as terrazas están moi ben.
Logo de comer e tomar o café tiven unha corazonada: "teño que mercar Lotería de Nadal non vaia ser que nos queira tocar..." e así foi, xa sabedes se sae premiado o 30156 terei algo que celebrar... De seguido decidimos ir a visitar Baiona e ir a praia na "Marbella galega", o chegar e a pesares de que facía sol sorprendeunos que houbese pouca xente na praia e moita polo paseo marítimo. Cando chegamos a praia soubemos porque era, a verdade é que a veces nublabase e non era que fixera demasiada calor. Os 30 minutos levántamos o campamento contradicindo o día e decidimos dar un paseo pola fermosa vila. Logo do paseo e un par de fotiños voltamos para Cangas.
Logo da ducha baixamos o centro da vila a tomar uns viños antes de cear (é un pecado ir as Rías Baixas e non "degustar" un bo Albariño), decidimos cear noutro dos restaurantes de Os Arcos, e outra vez xenial de prezo, de cantidade e de calidade, unhas navallas, un pulpo, uns calamares, uns langostinos..., e que estaba todo boísimo.
Logo da cea, un pouquiño de terraceo en plan tranqui: un licor café con xeo e para o hotel que o día seguinte tocaba madrugar para ir as Illas Cíes.
Levantámonos as 10:00h, abandoamos o hotel e antes de almorzar fumos mercar os billetes do barco para as Cíes: 18,50€ cada billete para ser exactos para 45 minutos de travesía. Almorzamos na cafetería do Porto (eu como non, lendo o As) e as 12:15 collimos o barco que nos levaría as Cíes. Dicir que o barco ía ateigado de xente, moito guiri, e moita xente de Vigo. O chegar o barco deixate na Praia de Rodas (segundo o xornal The Guardian a mellor praia do mundo) e as vistas xa son espectaculares, de repente parece que chegache o Caribe: area fina blanca, augas limpas e cristalinas, vexetación abundante..., espectacular. Desembarcamos e vemos que hai un restaurante autoservizo no muelle e outro na outra punta da praia, logo de un paseo pola praia de Rodas e o bonito lago que está pegado decidimos comer no restaurante da outra punta da praia, xusto onde está o camping e tamén o supermercado. Un consello, se ides as Cíes ou ben levade vos a comida ou ben mercadea no super pois ademáis de ser caros os restaurantes, teste que servir ti mesmo e por riba a comida é de "batalla" pura e dura (nada que ver con ben que comimos en Cangas).
Hai un detalle que me pareceu xenial, cando mercas o billete de barco, danche un mapa das illas e dentro de él vai unha bolsa para meter o lixo que cada persoa xenere para logo traela a terra pois nas Cíes non hai contenedores para conservar o medio natural, tanto polo impacto visual coma medioambiental e é que ademáis ter que ir a buscar o lixo dende Cangas ou Vigo as Cíes sería moi costoso.
Logo de comer, fumos a praia de Rodas, facía mellor día que o anterior e o sol apretaba con xustiza. A pesares de oir os consellos de Pedino "ponte protección cando vaias ás Cíes" fun de listo. Debido a miña pel aguanta ben o sol, sempre poño unha protección 8 ou 10. Cheguei xunto o farmaceutico e pedinlle unha protección 8, díxome que a máis baixa que tiña era de 15 o que eu lle comentei "bueno, pois se non tes unha máis baixa dame esa" e menos mal, porque aínda así queimeime todo o lado dereito do corpo e a perna esquerda de rodilla para abaixo. Unha cousa moi rara, penso que non extendín ben a protección e pasoume factura.
Eso sí a cara e os brazos teñoos negros, miña nai cando cheguei díxome que parecía marroquí.
Logo da praia dimos un derradeiro paseo pola preciosa illa, vimos a Area de Figueiras, tomamos algo na Cafetería-Restaurante do muelle e as 19:00 horas embarcamos rumbo a Cangas, previa escala en Vigo.
As 20:00 horas estabamos en Cangas, pillamos algo para a viaxe e as 20:45 horas collimos o coche de regreso, dende Cangas ata a Ponte de Rande (o Corredor do Morrazo) unha carabana de escándalo de xente que regresaba a Vigo, 18 kilómetros a 20 km/h, a 30 km/h e por veces parados. O conectar a autopista acabouse o problema.
Preto de Santiago notei como a Noe lle ía dando o sono eu a verdade é que viña bastante ben e a eso das 22:40 cheguei a Sobrado. Logo da ducha e da cea baixei ata Ramiro e alí surxiu a idea de proseguir co Sobrado On Tour 2008, desta volta tocou ir a Santa Mariña (Guitiriz) para ver a orquestra Acordes con Álvaro, O Muxico e Javier Castro, a festa rematou as 02:00 AM polo que o ser tan cedo decidimos ir ata Guitiriz tomar uns "zumos", as 04:00 AM chegamos a casa e ahí se acabou o intenso fin de semana.
Sen dúbida que cada vez que miro as fotos das Cíes flipo máis, son todo un espectáculo e o mellor de todo é que están eiquí en Galicia, debemos conservalas, ser respetuosos co medio ambiente pero valoralas e potencialas. Quixeran outras autonomías ter todo o que temos eiquí.
Como reza o slogan: GALICIA CALIDADE
Saudos e grazas por estar ahí.











5 comentarios:

Anónimo dixo...

Bos días Victor!!

Que fermosas fotos...eu creo que xa lles gostaria os caribeños ter as nosas praias e demais!

Teño pendiente ir as illas, o día que fumos chegamos tarde e xa non nos compensaba coller o barquiño. O ideal e ir ven tempreaniño e aproveitalo día. Gracias por advertir o da comida.

Por certo ayer fun os Castros a ver Panorama, non me gustou nadiña. Me dio la sensación de estar vendo a O.T., o tío fala que te fal cagandose en todo decindo palabrotas todo o rato e de pachanga nada. O espectaculo moi bonito...,a min encantame bailar e non puiden. Tocaron 5 min. cumbias e xa.. Xa non quise quedarme a segunda parte.

Non sei que lles pasa a Panorama e a Paris, vanse de divos. Perfiero por exemplo Noche de Estrellas a vin o outro día e non parei de bailar.

Saudos

Sara

Unknown dixo...

A verdade é que sí, xa lles gustaría ter parte de todo o que temos eiquí, darían moitos cartos...
En canto poidas achegarte as Cíes non o dubides, a viaxe merece moito a pena.
Non che gustou Panorama? non sei, a min en Visantoña encantoume, está claro que é cuestión de gustos pero si que podes ter razón en que as grandes orquestras galegas estén comezando a irse de divos e por un momento non se den conta de que son só iso: "orquestras". Xa llo oín a máis xente e como sigan con actitudes "chulescas" pode que a xente lles comece a coller manía, algo que non sería nada positivo para as festas galegas. Agardemos que sexa temporal (todos temos erros) e as orquestras volten a recuperar toda a súa esencia festeira.

Saudos e grazas por opinar.

Anónimo dixo...

Pedazo crónica Víctor!

No da maleta, segundo ía lendo xa me ía dando a risa a min soa jejeje. Mira que se volves esquecer a maleta en Sobrado...

En canto á túa capacidade de bronceado non sabes canto te envidio, se eu poidese poñerme "algo" morena (xa non pido moito) nun fin de semana daba chimpos de alegría! Terei que ir ás Cíes a ver se collo algo de cor...

No que falades das orquestras, non só París de Noia e Panorama se suben á parra á hora de autoalabarse, na Olympus tamén parece que non teñen avoa... debe ser un mal contaxioso ese de votarse tantos eloxios a un mesmo.

Biquiños

Unknown dixo...

Si Vero, a verdade é que un pouco máis e chego as Rías Baixas "con lo puesto" eso si con zapatos variados, je je je.

É certo que o sol cólleme rápido pero teño o costal dereito aínda algo vermello (é que nas Cíes non pega de broma Lorenzo).

Polo que respecta as orquestras estou de acordo, como xa dicía, as máis grandes ou as de máis sona estanse medrando endemasia (París, Panorama, Olympus, incluso a Philadelphia). Malo, malo se van con esa actitude pola vida...

Saudos

Anónimo dixo...

Con esa actitude e con eses decibelios!! Seica o ano pasado Olympus, cando actuaron en Betanzos, recibiron unha chamada de atención por parte dos gardas locais para que no segundo pase non fixeran o estrondo do primeiro. Este ano xa non volven... será por iso??

De todos os xeitos, a min pásame coma a ti, o que non soporto é esa actitude altiva que levan as "grandes". Porque o son se me molesta marcho, pero eses aires de grandeza que se dan... en fin, alá eles.