luns, 21 de xullo de 2008

Non hai festa sen "Estrella Galicia"

A verdade é que esta fin de semana fíxose larga. Bueno, polo menos, no que a festas se refire. A verdade é que lle dimos duro e non perdoamos ningunha noite dende xoves que fumos a Arzúa a ver a Olympus e Fania Blanco Show.
O venres comezaron as festas en Teixeiro e o longo de tres días e como é tónica xeral cando hai festas no pobo veciño houbo masiva afluencia de público sobradés. Dicir que moitos de nós xa viñamos de estar na re-inauguración de Casa Tato (agora Viñoteca, por certo decorada con moi bo gusto).
Logo dos concertos de Josele Santiago e Sidonie tocoulle pechar a festa a Marbella que como non podía ser de outra maneira adicoulle unha canción a xente de Sobrado: grazas Víctor,
nós tamén vos temos moito cariño e a boa imaxe que deixaste o ano pasado en Sobrado fai que a xente siga a falar moi ben de vos.
O sábado o día foi moi longo, levanteime as 12:00 horas (non moi despexado) pois tíñamos a celebración (atrasada 1 mes) do cumple de Lisardo no seu maravilloso muiño de Grixalba (O Muiño de Chambón), éramos 20 homes dispostos a dalo todo: cervexa, viño, cubatas, churrasco e algún que outro baño no río.
Entre as ausencias algúns ilustres coma: Petete, O Muxico e Pazitos que non puideron vir por diversos motivos aumentado co retraso de José Luis que tivo que ir traballar o sábado (in extremis).
Como vedes na foto de enriba a Estrella Galicia non faltou na neveira do "muiño". Fíxome gracia a pregunta de Li o venres pola noite: "Lato, collín 120 quintos, chegarán?" eu rinme, porque sumado o viño e o "Barceló" deberían chegar, pero o certo é que antes de comer a Estrella levou un bo meneo e a neveira quedou bailando.
Comimos algo tarde coma sempre (como nos gusta! je je je) e dicir que unha vez máis "Arguiñano" Pedino obsequiunos con un churrasco para chuparse os dedos: Alberto, deberías pensar seriamente o de montar unha brasería que te forras neno!
A tarde pasou rápido con algunha que outra sms "cachonda" á Radio Galega mentres escoitabamos o partido do Depor en Israel. Preto da noite e cando o persoal xa comezaba a estar moi animado surxiu a idea de ir cear a Casa Cotos a Grixalba. Logo da ducha degustamos unhas tortillas, un xamón e uns chourizos caseiros que quitaban o hipo: "Chapeau!", a todo isto seguiuno o café de pota, os chupitos de augardente tostada (idea de José Luis) e o entrefino que sempre pedimos neste tipo de "banquetes" os que non fumamos (por esto de facer un pouco a tontería e tal...)
Xa na festa en Teixeiro e outra vez cunha afluencia sobradesa moi importante notabase onde estaba o persoal que "fixera día" no Muiño de Chambón pois detectábase "euforia" no persoal, a pesares de que me doia a cabeza o principio da noite, segundo avanzaba o tempo íame pasando, mira que nos rimos..., estivo xenial, sodes todos uns auténticos e xenuinos cracks!
Onte logo de comer e baixar a Ramiro decidimos ir ata Guitiriz a "facer mundo" a expedición comezámola Esteban, Oito e eu, máis tarde seguiunos Alex, Souto e Nando. Outras risas moi pero que moi importantes dende que os "cortos" comezaron a "quentarlle" a cabeza o persoal.
A iso das 21:30 horas regreso a Sobrado logo de comer as habituais tapas, visita de rigor a Ramiro, ducha e para a festa a Teixeiro de novo.
Onte facía bastante frío pola noite (levantouse un vento tolo) e como curiosidade dicir que en vez de que as orquestras fixeran dous pases cada unha delas de hora e media fixeron un cada unha de duas horas e media polo que a festa rematou as 03:50 minutos. Particularmente prefiro o formato tradicional de unha, outra, unha, outra pero queda claro que para gustos píntanse colores.
Así rematou un axetreado fin de semana, no que a verdade é que ningún de nós tivo moita paraxe, sempre co "ocio" (e non me refiro o novo teléfono de Lisardo) como bandeira.
Para o finde que ven a cousa parece que vai polo mesmo camiño cunha data moi sinalada no calendario: o sábado 26 de xullo que se celebra a II Edición do Día da Familia en Sobrado. Un xantar campestre na área recreativa da Ponte Pedra que estará amenizada pola charanga BMV (Bebemos Moito Viño) de Brión, seguramente prolongaremos a estancia en dita área ate ben entrada a madrugada, xa que ademáis haberá pulpeira e xogos para os máis pequenos. A cousa promete (a ver se a climatoloxía nos respeta).

SOBRADO ON TOUR 2008:

Opcións para hoxe, 21 de xullo:

OPCIÓN A: Meangos (Abegondo): ARMONÍA SHOW
OPCIÓN B: As Pontes: PARIS DE NOIA + OLYMPUS
OPCIÓN C: Fontecada (Santa Comba): PANORAMA

Saudos e bo comezo de esta semana "festiva" para os Galegos.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Para ti eu penso que todas as semanas son festivas jeje, non só esta.

Unha fin de semana completiña, si señor. Eu tiña pensado ir a Teixeiro o domingo pero ó final parece que ninguén se animou e quedei na casiña... que se lle vai facer.

A pregunta do teu amigo sobre se chegarían 120 quintos foi sen dúbida chistosa. Non sei cantos seríades (non me parei a contar as persoas que nomeas) pero 120 cervexas deberían chegar, xa sen contar o viño nin o ron!! Que sodes esponxas??? jejeje

Por certo, onte que opción escollestes finalmente para a etapa do On Tour?

Unknown dixo...

Si, je je, esto de só traballar duas mañás na semana é o que ten, un pódese prolongar nocturnamente.

Éramos 20 e pódesme creer que os quintos levaron un bo repaso, non se acabaron pero ten en conta que comendo bebeuse viño e despois toda a tarde alternouse cubatas e cervexa. Para algúns quédase curto o adxetivo de esponxas, que duro é o corpo!
A todo isto logo de todo o día e a cea tamén debo mencionar que houbo botellón por todo o alto na festa de Teixeiro no novo "pub" que montaron María e Pirulo (Citroen Xsara se chama). Polo que imaxinate o resultado de todo isto as 05:30 AM..., je je je

Onte o final collimos a opción de coidarnos un pouco e o único que tiña gañas de marcha era O Muxico, quizais porque él non saiu o xoves e o venres. A min tocabame currar pola mañá e non era plan. Hoxe Deus dirá...

Saudos

Anónimo dixo...

Vaia! Collestes unha noite sabática logo... raro raro raro...jejeje

Pois non coñecía eu o novo pub ese... terei que ir máis á festa de Teixeiro a ver se o vexo jajajaja. O nome do pub é curioso, si... jeje. Pero que faciades de botellón ás 5.30 se a festa acabou sobre as 4??? Ai, pillabáns, o botellón pérdevos!