luns, 7 de xullo de 2008

Profesor... ecuestre

Eiquí o temos! trátase do profesor D. Álvaro Castro montado na súa espectacular "Luna". A súa carón no lado esquerdo e de espaldas con xersei gris de pico Finito de Vilariño revisando que todo esté en orde.
Esta foto xa dou a volta a toda Galiza pois sae na edición de Santiago no día de hoxe de La Voz de Galicia.
A foto data da tarde de onte no veciño municipio de Arzúa no transcurso da X Edición da Feira do Cabalo organizada pola Asociación de Amigos do Cabalo O Estribo e na que segundo cifras oficiais houbo do redor dunhas 6000 persoas e máis de 400 cabalos, unha cifra moi alta.
Dicir que onte puiden compartir mesa e mantel con estes dous fenómenos con meu padriño de confirmación Miguel e con outras 20 persoas de Sobrado e cercanías que se animaron a ir cada un en seu cabalo ata a Vila do Queixo para pasar alí unha amena xornada dominical sen dúbida que o pasamos ben e as risas foron continuas.
Grazas por deixarme ser participe das vosas experiencias e polo bo que estaba o Joaquín Rebolledo.

SOBRADO ON TOUR 2008: hoxe estamos en Oza dos Ríos coa París de Noia.

* 2º aviso dirixido a Pichi, teño unha corbata marrón no meu coche e dase a casualidade de que onte nun fumos de voda, está limpiña...

Venga fiera coidate que para o finde tócache escanciar sidra en Oviedo.




Saudos

9 comentarios:

Anónimo dixo...

o profe esta feito todo un jinete jaja, viches que elegancia? ah e non e wuanda que e a luna. o tema da corbata ainda non teño claro por que esta no teu coche,

Pitus dixo...

Luna tierra!!!
El llanero solitario en todo su esplendor:
Bat,bi,hiru,lau,bostinpostin...........Bilbau..........!!
P.d:Primo eres un person!!!ja ja...
Saludos equinos!!!!

Unknown dixo...

ANÓNIMO: si claro que está feito un xinete pero da apocalipse..., je je je. Correxirei entón o nome do "vehículo" en cuestión.
Polo que respecta a corbata eu tampouco teño moi claro como chegou o meu coche, só sei que o domingo foi unha noite meiga...

PITUS: no sé si llanero solitario o bien Lucky Lucke si le cambiamos la gorra por un sombrero lo que está claro es que Tierra al final, tocó tierra, je je je.
Tú primo desde que cambió de bebida nocturna está imparable, baila hasta más no poder..., je je je.

Un abrazo

Unknown dixo...

Como estoy: donde dije Tierra quise decir Luna, quizá dormir 3 horas esta noche no me sentó bien del todo.

Saludos

Anónimo dixo...

E que tal estivo a festa en OZa coa París de Noia?? Eu a pesares de estar a un paso do campo da festa, non a pisei ningún dos tres días...

Unknown dixo...

Como que non a pisache? bueno iso é imperdoable! nas festas do teu pobo e non ir ningún día..., je je je.
A París ben no primeiro pase e no segundo regular. Realmente quen tira da orquestra é a nova cantante Ruth que é unha pedazo de artista, canta moi ben.
Xa o comentei o luns en Oza, canto máis vexo a París máis me gusta a Panorama. Esta claro que a París segue a ser unha das máis grandes pero Blas xa non está na súa mellor época, David fai o que pode e a outra cantante é unha de tantas que hai polas orquestras galegas, pero eso si, Ruth está un punto por riba das outras tres voces. Logo o sonido dos metais bo e o das cordas tamén. Por riba un pouco antes de acabar o primeiro pase tiveron un cortocircuito e comezou a sair fume polo esceario polo que os músicos desapareceron do esceario un par de minutos. Grazas a Deus este incidente non pasou a maiores e puideron seguir tocando con normalidade.

Saudos

Anónimo dixo...

Grazas pola crónica e non me reñas!! Debe ser o primeiro ano que hai festa aquí ó lado da casa e non vou, pero é que esa mesma noite a miña familia e máis eu estabamos pasando un mal trago, a perda dun familiar. Como comprenderás, era causa de forza maior, e a festa xa non existía.

Eu vin as 4 ou 5 últimas cancións de París de Noia en Miño fai uns días e a cantante Vanesa para nada me parece unha de tantas, eu penso que ten unha boa voz. Hai moitas cantantes de orquestras que non teñen a potencia dela. Pero tamén coincido contigo en que Ruth canta moi moi ben.

Saudiños.

Unknown dixo...

Sinto o do teu familiar Vero. Ante eso non hai nada que facer! as festas voltan un ano, outro e outro, as persoas non. O meu máis sentido pésame.^
Polo que respecta a Vanesa en Oza non destacou en exceso e incluso parecía que andaba un pouco afónica. Non sei seguro que a próxima vez que a vexa me gusta máis, se falla a saude (neste caso vocal) falta todo pero bueno xa veremos a evolución máis para adiante.

Saudos

Anónimo dixo...

Graciñas Víctor!

Con respecto a Vanesa, se está afónica xa a estas alturas do verán, quen a verá ó final! Miña pobre! Porque estando nunha orquestra do calibre de París de Noia aínda lle queda que cantar eh!

A verdade é que eu opino sobre ela máis polo que vin o ano pasado e o anterior que este, porque xa che digo que a vin poquiño tempo. En Miño comezou a cantar unha de Julieta Venegas e non lle saía a letra... pero defendeuse ben.

A que sí me sorprendeu foi Ruth que puxo os pelos de punta cantando unha de Michael Jackson case ó final de todo. Tremendo. Niso sí que fixeron bo cambio este ano, porque a Tamara esta que estaba antes nin cantaba nin nada! A súa principal preocupación no escenario era colocar ben o pelo detrás da orella... en fin. Que para o meu parecer gañaron co cambio.

Saudos.