Os ourensáns amosaron que seguen a ter moita potencia no son pero non así Yosi (moi afónico e sen estar o "100%" das suas posibilidades). De todos os xeitos o concerto durou algo máis de 2 horas nas que os miles de asistentes que alí nos xuntabamos puidemos disfrutar dos temas clásicos dos Suaves que fixeron un repaso a toda a súa carreira musical. Dende que anunciaron por primeira vez que se ían do esceario aínda sonou "Dolores se llamaba Lola", "Peligrosa María" (unha canción moi especial), "Pardao" (a canción que mellor se lle entendeu a Yosi), "Siempre Igual" ou "Mi casa es el Rock and Roll".
Non sei se existe algún problema co son de esta praza pois o domingo asistimos o concerto de Dover e tampouco soaba como debera, ademáis de esa coincidencia tamén resaltar outras coma que a súa cantante Amparo Llanos estaba moi afónica (era o último concerto nunha xira ininterrumpida de 2 anos) e tampouco estaba o 100% das súas posibilidades. O son chega o publico coma algo confuso, con ruidos de fondo polo medio. Non sei se se debe en si a un problema técnico ou ben a que a acústica de esta praza non é a idónea.
O San Froilán non acaba máis que comezar e xa asistín a dúas maravillosas noites, mellor dito, a de onte ata que Los Suaves estaban rematando o seu concerto, por que nos últimos temas comezou o "txiri miri" a facer acto de aparición cumpríndose así os desexos de Yosi o principio do concerto onde manifestou que lle gustaría que chovese...
* Dato importante a ter en conta: a Comisión Sobrado 2009 en 3/4 partes non se esta a perder "unha" no San Froilán, domingo Dover e onte Los Suaves. Chus, creo que o cartel dos Dolores de este ano vai durar unha semana polo menos. Quen sabe se esta organización non negociou xa cos artistas..., SOBRADO 2009 PROMETE, O TEMPO...
5 comentarios:
A noite do 24 de xullo en Santiago, logo dos fogos do Apóstolo, a TVG emitía unha gala especial como ven sendo costume, na que actuaban, entre outros, Dover. E teño que dicir que, sendo os únicos (ou dos poucos) que cantaron en directo en toda a gala fixérono bastante mal. A cantante estaba afónica perdida e a súa voz soaba francamente mal, ademáis de non entenderlle nada do que dicía. Cantou o "Serenade" e a min non me gustou nadiña. Así que o desta fin de semana no San Froilán non creo que fose casualidade, esta tía xa leva afónica varios meses me parece a min.
O estar 2 anos seguidos de xira tamén é normal. Ademáis Amparo Llanos canta nuns rexistros nos cales as cordas vocais sofren o seu. Aínda así non se encontraba nun estado "óptimo" para cantar.
Saudos
Bueno es una maravilla poder ver desde tan lejos el clima de las fiestas que un dia tuvimos tan cerca. Me encanto el blog, te felicito. Ah y aparezco como Sebastian pero soy Fabiana. Muchos saludos y fa-bu-lo-so-. Victor te mando muchos bicos.
Fabiana: que agradable sorpresa!!!!!! me alegro un montón de que te guste el blog. Solo pretendo entretener un poquito y contar las cosas positivas que van ocurriendo por "acá". Espero que tanto tú como Pablo, Sebi y Flopi esteis bien y a ver cuando nos venís a hacer una visita a Sobrado.
Saludos para La Argentina!
Home dous anos de xira non lle fan ben a ninguén, eso está claro. Pero se canta neses rexistros é porque pode, suponse. Porque se ese rexistro non é o seu, non é de extrañar que as cordas sufran. Estando de xira tanto tempo seguido xa sofren bastante, pero cantar sempre nun rexistro que non che corresponde é un suicidio.
Publicar un comentario