mércores, 15 de outubro de 2008

Qué rápido pasa o tempo

Antonte 13 de outubro cumpriuse o primeiro ano dende que Chus e Jacobo casaron. A verdade é que cando te pos a pensar no rápido que pasa o ano dache ata vértigo. O bon que ten esto é que cando nos descoidemos xa voltamos a estar no Nadal e por riba con un tempo que xa lle gustaría a Brasil...
Qué dicir da voda de Chus e Jacobo que non se dixera xa? a verdade é que moi pouco porque foi unha voda na que todas as botellas de licor (sen excepción) quedaron bailando. Xamáis cantei tanto nunha cerimonia de este estilo, e xamáis estiven tan chafado o día seguinte, parecía que coma se houbese vivido dous fin de ano xuntos ou algo así.
Aproveito que Chus colgou no seu facebook varias fotos para conmemorar o aniversario para "tomarllas prestadas". As fotos son da última parte da voda, é dicir, da barra libre, onde había un dj que se saía do mapa. Él anímaba moito e nos estivemos "a morte" con él, que caña de tío. Se vos fixades nas fotos, entregámonos en corpo e alma o arte da música... Euforia desmedida: Javi Castro a piques de saltar por riba da mesa de son para cantar, eu "dándolo todo", Esteban axudando a cantar, Ángel de Teté en segundo termo metendo uns berros que pá qué, Jacobo rindo e incluso se ve a Ángel de Brañas (inconfundible a garabata vermella e branca do Atlético de Madrid) moi metido na acción...
Momento principio de manteo: Álvaro e Esteban comezan a agarrar a Jacobo no que sería o manteo máis manteo de todos os manteos: termar de este home tan grande con tanta "festa" no corpo chegounos de abondo.
O noivo rodeado: esto é o que Esteban lle chama un "abrazo colectivo", je je je.
Felicidades a Jacobo e Chus neste primeiro aniversario e ogalla cumprades moitos máis sendo moi felices.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Dios mío!! Esa debeu ser unha voda por todo o alto! A ti véseche na primeira foto moi metido no papel de festeiro si, "dándolo todo" y más!!!! jajajaja non sei que canción estaría a soar, pero estabades todos entregadísimos!

Unknown dixo...

Se mal non recordo "Necesito respirar" de Medina Azahara pero tampouco me fagas moito caso porque as cabeciñas neses momentos da tarde-noite xa non estaban para pensar..., ja ja ja.

Saudos

Anónimo dixo...

E menos para recordar despois de un ano enteiro non? Esa canción é a propia para dar como resultado fotos coma esta, así enténdese como saídes (e o alcohol, a festa, etc etc etc...)

Saudiños!

Pitus dixo...

La canción podría ser tambien a tenor de esas caras pues por ejemplo..."los pajaritos" de Maria Jesus y su acordeón..ppppfffff...