venres, 3 de outubro de 2008

Que vaian dar patadas ós Fiordos...

Si señores, costou, sufrimos, xogamos con un xogador menos 60 minutos de partido máis a prórroga pero aínda así e a pesares do nefasto arbitraxe (para nada caseiro) e de ter por diante a tanda dos penaltis Riazor voltou a ser máxico e o Real Club Deportivo clasificouse para a liguiña de grupos que se sorteará o vindeiro martes 7 de outubro. Equipos grandes de Europa coma AC Milan, Benfica, Ajax, Sampdoria, PSG, Feyenoord, Udinese,o remozado Manchester City, Valencia, Sevilla ou Portsmouth poden pisar este ano o céspede do estadio herculino.
GRAZAS DEPOR POR ESA ENTREGA
GRAZAS BLUES POR ALENTAR SEN DESCANSO CANDO OUTROS XA ESTABAMOS AFÓNICOS
GRAZAS A TODOS OS QUE APOIAN DÍA SI E DÍA TAMÉN O NOSO EQUIPO A PESARES DE QUE ESTAMOS EN EPOCA DE VACAS FLACAS (OS VERDADEIROS AFECCIOADOS DEMOSTRANSE NAS OCASIÓNS CANDO TODO VAI MAL).

Momento da expulsión de Riki, seguro que Lotina deberá falar con él pola "tontería" de onte

Diego "Gigio" Colotto, onte bigoleador, celebrando un dos seus goles, mereciao!

Aranzubía, parando o lanzamento que lle daba a clasificación o Depor, a pesares de ser o heroe nas penas máximas non me ofrece confianza ningunha nos balóns aéreos, agardemos que mellore nesta faceta senón os que somos asiduos a Riazor partido tras partido acabaremos todos taquicárdicos.

FORZA DEPOR

5 comentarios:

pepetrola dixo...

Pois sí, gracias os goles de Colotto e as paradas de Aranzubia nos penaltis pasamos a fase de grupos, volvemos a Europa pola porta grande, todo gracias a un gran partido por parte de todo o equipo e xogando con 10 case todo o partido mais a prorroga.

E ó final sí que xogou Valerón (ata a metade da 2ª parte). Logo foi sustituido con unha gran ovación. De nivel vese bastante ben para os anos que ten. Eso sí, non é o Valerón de outros tempos cando che solucionaba un partido nun plis plas. Pero éche o que hai.

Tamén hai que recoñecer que o Brann non era rival para o Depor, que si ben tiña o partido en contra foi por non facer os deberes en Noruega.

Agora a esperar o sorteo e esperemos que nos toquen xa rivais de verdade para intentar demostrar o que vale e a onde pode chegar este equipo.

FORZA DEPOR!!!

Anónimo dixo...

Eso de que vaian dar patadas ós Fiordos matoume!! jajaja

Un saudo.

Unknown dixo...

Pepetrola: Valerón segue tendo maxia nas botas, é unha pasada de futbolista. Eu son dos que opino que cando colla a forma (eso so se consigue con minutos) aínda nos vai a dar moitas tardes e noites de gloria. E Lafita cada día que pasa medra máis coma futbolista, na Coruña explotou un xogador de unha calidade e unha entrega impresionante. Non me extrañaría que axiña fixese o seu debut na selección de Del Bosque.
En canto o sorteo, gustariame que nos tocaran equipos potentes para rememorar eses 5 anos consecutivos de Champions e as súas excelentes noites: Milán, Tottenham, Benfica, Manchester City..., o Ajax (por estar no noso bombo) e os equipos españois (por seren da mesma liga) non nos poden tocar ata pasados os grupos.

A ver que depara o bombo...

Vero: grazas por te vir a presentar, un orgullo para min, de verdade.

Saudos

Anónimo dixo...

Non tes que dalas, para min foi un auténtico pracer coñecerte, en serio. Vinte de casualidade e pensei: "este tío sóname" e xa me dei conta que eras ti. E non o pensei máis, alí fun!! jeje. A verdade é que despois de máis dun ano comentándoche no blog xa tocaba. Agora polo menos ti xa podes poñerlle cara a Vero86 e eu xa podo dicir que non escribo no blog dun completo descoñecido jeje.

Un saudo.

Unknown dixo...

Certo, certo! ja ja ja.

Veña saudos