luns, 13 de outubro de 2008
Volve Dieguito Chevalier
Estos días estou ledo futbolísticamente falando. Hai cousa de unha semana entereime que Diego Tristán estaba a proba no West Ham United de Gianfranco Zola e parece que o da Algaba convenceu o técnico italiano e xogará o que resta de tempada no clube inglés.
De sobra sabedes a miña "idolatración" por Diego Tristán, o mellor "9" que vestiu "a branquiazul", Diego ten 32 anos e aínda pode ofrecer cousas, deso estou seguro. Ogalla lle vaia ben e acade ter máis anos de contrato. Eu pola miña parte, e cando teña confirmado o número que vai a levar na súa zamarra mercarei a camiseta do WHU a pesares de ser fan do Manchester. A partires de agora, un oquiño do meu corazón tamén está co West Ham, polo menos mentres Diego esté alí.
Deixovos un video con goles de Diegol para que disfrutedes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Volve ao fútbol, pero non ao "orzaneo". Será alí a movida coma a da Coru? Porque seica a da cidade herculina lle prestaba ben...
Temas "extra-futbolísticos" aparte, agardo que nese clube deixe patente o grande dianteiro que é, como tivemos a sorte de velo os deportivistas.
Vero: coma no Orzán imposible. Non creo que os garitos de London pechen tan tarde...
É un crack e opino que aínda vai calar bocas (agardo que non sexa a miña!) je je je.
Forza DIEGOL!!!!!!Este gran xogador tiña unha frase que o fixo famoso no Orzán,"fúndoche a instalación".
P.D.:Arriba o A POR UNHA, JA JA JA
Eso mesmo!! Esperemos que non sea a túa nin a miña as bocas que cale!! jejeje
En London City non creo que pechen tan tarde, tendo en conta que cean a media tarde e se deitan coas galiñas... agora porque esta casado, ten un fillo pequeniño de un ano e estará máis "tranquilo", pero se o pillan alí na súa época coruñesa,non duraba un asalto!! O de deitarse cedo creo que non lle prestaba moito...
jajajaja! ese dia tamen estaba eu no orzan e recordo outra frase que fixo famos " a min tres cartas"
A POR UNHA!!!!!
finito
"Miguel" e Álvaro: vinvos agora na alineación do Depor Sport. Onte tocou perder, normal se vos tocou chupar banqueta os dous. Non pode ser. Hai que xogarlle outro churrasco a esa xente xa!
P.D: FÚNDOCHE A INSTALACIÓN! ja ja ja. Sen lugar a dúbidas a frase do 2008!
Publicar un comentario