luns, 7 de marzo de 2011

Despídese un grande



Phil Collins anunciou que deixaba o mundo da música por motivos de saúde. O británico segundo as súas propias verbas pasará a ter "unha vida máis tranquila e mellor" preto da súa familia no pequeno pobo suizo onde vive. Phil Collins foi o batería do mítico grupo Genesis para despois pasar a formar carreira en solitario con gran éxito dentro da música pop mundial. Deixovos o que para moit@s é o seu tema máis coñecido: "Another day in Paradise".

Grazas Phil pola túa aportación á música.

1 comentario:

vero86 dixo...

Estou tristísima!!! O meu blog do tuenti demóstrao :( Coincido contigo na opinión sobre esta canción.

Estamos quedando sen as grandes glorias da música, se non morren (coma Michael Jackson) retíranse, coma Collins... que pena.