luns, 7 de marzo de 2011

Pasaron 9 anos de un día inolvidable



Coma xa é tradición neste blog desde a súa existencia sabedes que o día 6 de marzo (DESTA VOLTA FOI ONTE POLO QUE CELEBRÁMOLO HOXE) é unha data moi especial pois sempre comento algo relacionado coa final do Centenariazo... sí, sí, o día que gañamos a Copa do Rei en Madrid, o día en que fora de Galicia nos trataron fatal (votádelle un vistazo o arquivo de anos anteriores), o día que íbamos o Bernabeu coma "sparrings", convitados de pedra o cumpleanos do R. Madrid, onde todos ibamos a pasalo ben como víctimas e se caia a Copa xa sería a repera..., unha vez comezado o partido vimos un recital de fútbol por parte dos branco e azuis, un señor D.O.N. MAURO SILVA que dou unha auténtica clase maestra de como se xoga o fútbol fronte a Zinedine Zidane, Luis Figo, Roberto Carlos, Raul,Fernando Hierro e compañía... (aínda me acordo da cara de fastidiado de Míchel Salgado o saberse perdedor...e a Lionel Scaloni subido no pao longueiro do fondo norte do Bernábeu en roupa interior cantando co brazo en alto), finalmente os 25.000 que estabamos en Madrid ese mércores (moitos de nos sen durmir a noite anterior) e todos os que estaban nas súas casas animando o Deportivo vivisemos un soño, algo inolvidable, para min por todo o vivido a semana previa, o día anterior o partido, o día do partido e o post partido, con toda a xente apoiando, in situ e por teléfono, por todas aquelas alegrías é ata o de agora, o mellor día da miña vida. Aquelas bagoas de ledicia irán conmigo a onde queira que vaia.

GRANDE DEPOR, HOXE HAI QUE CELEBRALO CON UNHA VICTORIA Á REAL!

2 comentarios:

vero86 dixo...

E celebrouse coa victoria fronte á Real!

Xa queda pouco máis que comentar sobre isto, a verdade. En 9 anos xa se dixo todo e aquela noite demostrouse todo tamén. Que as palabras lévaas o vento, pero os feitos permanecen, e o que fixo aquel Dépor... é difícil de superar! (Para cando unha Copa de Europa? Non se sabe...)

P.D.: Xa pensei que este ano che esquecía a entrada do Centenariazo, sería cousa nunca vista neste blog! jeje

Unknown dixo...

E tanto que sí, jajaja. Non me olvido desta data, é moi importante para min, jajaja.