luns, 28 de marzo de 2011

Fin de semana "a destajo"


Como cada vez que organizamos "excursión" a fin de semana danos para moito, moitísimo..., a despedida foi un auténtico éxito e se algún "pero" lle hai que poñer é a choiva que nos acompañou desde o sábado a eso das 20 horas ata a mañá do domingo.

A aventura comezou o venres en Gijón, paso previo por Vilalba para tomar unha cervexiña e facer tempo para que chegara Petete, logo de malos entendidos por fin nos encontramos todos preto de Abadín e chegamos en torno as 23 horas á capital da Costa Verde.

Alí o noivo Javi presentounos a 3 verdadeiros cracks extremeños: Fernando 1º, Fernando 2º e o irmán de este último e a súa vez irmán tamén da noiva da voda, Rafael. Sen lugar a dúbidas a voda de maio en terras do sur promete por que simpáticos son un rato largo.

As 23.30 quedamos con outro grande: Óscar Amil, que subiu desde Portugal para ser o noso anfitrión na súa segunda terra.

Como dixen a fin de semana dounos para moito: encontrarse con xente coñecida a centos de kilómetros de distancia (o mundo é un auténtico pano...), falar e quitar fotos con un coñecido xogador do Deportivo (un chaval atento e humilde onde os haxa), sentar cátedra no mundo dos ditos populares como Pedino que este finde estivo verdadeiramente sembrado e deixou perlas que para sí quixera Camilo José Cela, deitarnos ben entrado o día non sen antes elexir un bar de referencia (coma cada vez que viaxamos) e onde fixemos amizade, durmir poucas horas o sábado de mañá e desaiunar con cervexa e pinchos para pasar a comer con sidra ("non hai sidra en Asturias ou qué?"), ir os karts, volver feito polvo o hotel (algúns máis que outros), volver a alternar antes de cear un excelente manxar noutra sidrería, liarnos falando de fútbol co camarero de rigor e tomando copazos, volver a visitar algún que outro pub e por suposto de novo ir o bar de referencia (Cambalache para máis sinais), durmir outro pouco, volver de novo o bar de referencia parar facer boca antes de xantar e comer antes de emprender rumbo de volta sempre coas bágoas nos ollos da risas que nos votamos (non me chegarían 3 posts para comentar anécdotas), parada obrigada no Rei das Tartas en Mondoñedo, antes de chegar a casa un refrixerio no Mandala en Teixeiro e por fin fogar dulce fogar onde agardaba miña nai con un sorriso irónico en plan "este trae unha cara de cansancio que non pode con ela...".


Andamos a recuperar aínda, o alongar a fin de semana pasou factura e algúns dos participantes na despedida aínda hoxe temos cara de cansos..., mañá será outro día.


Desexo que Javi disfrutase da súa despedida, nos pasámolo en grande, e desde aquí mandarlle tamén un abrazo moi forte a José Luis.


Saudos

5 comentarios:

vero86 dixo...

Os bares con vós fan o agosto, eh! Menudas juergas vos pegades. Se a despedida foi así, a ver que lle argallades para o gran día... (eu tería algo de "miedito") jejeje.

Unknown dixo...

Os bares non se poden queixar... e se o fan é que son uns desagradecidos..., jajaja. A voda promete, a verdade é que sí, estou seguro que vai ser a repera!

Anónimo dixo...

Home....pero faltan as fotos!! Ou e que non se poden ver? jejejeje

Unknown dixo...

Fotos? ummmm, me parece que todas as cámaras que foron para Xixón estropeáronse ou algo así..., jajajaja. Chovía moito o sábado e non se vía ben..., jajaja.

Saudiños

alberto dixo...

moita curiosidade anonima