mércores, 2 de marzo de 2011

O hit de moda



Sen lugar a dúbidas a música electrónica está a vivir a súa época máis gloriosa en moito tempo e comeza a ser recoñecida incluso por apaixoad@s que non tiñan esta forma de entender a música nas súas preferencias.
Moit@s artistas de diversos estilos musicais están comezando a misturar temas dance ou electrónicos co seu propio estilo e en moitos casos a cousa non está a sair nada mal. O último en "subirse o carro" é o rapeiro 50 Cents que segundo confesou hai pouco quedou prendado polos ritmos dance e no seu último éxito o son electrónico vai incorporado.
Hoxe déixovos un tema que está pegando moi forte e que promete ser unha das sensacións da primaveira-verán, trátase de "Mr. Saxobeat" de Alexandra Stan.

Vamossss, que xa é mércoresssss!

2 comentarios:

vero86 dixo...

Un temazo destes a metade de semana senta xenial! Veña que xa chega o finde e con el o antroido!!! (filloas, cocido, orellas,... ummmm) jeje

Unknown dixo...

A dieta mediterranea a tomar por saco estes días..., jajaja.