luns, 21 de marzo de 2011

Imaxina unha vida así...



Os avances tecnolóxicos que o planeta Terra experimentou nos últimos anos non me deixan de fascinar. Hai uns anos a moi poucos se lles pasaba pola cabeza unha forma de vida rodeada de ipads, netbooks, teléfonos móbiles táctiles, televisión á carta, pantallas planas que ocupan o mesmo que un folio posto de pe, coches intelixentes...

Vero86 mandoume este video, amante das novas tecnoloxías como son creín oportuno compartilo con tod@s vos...

Imaxinades unha vida así? eu sí e penso que non tardaremos moitos anos en tela.

Saúdos

1 comentario:

vero86 dixo...

Home, eu hai cousas das que se ven ahí que sí que as imaxino (como o superpantallón de cine en 3D que teñen no salón da casa, porque de feito o cine en 3D xa existe e non tardarán en argallar algo así para velo na casa), pero o de "apagar" as ventás cando te deitas á noite... que queres que che diga, eu onde estean as persianas, non sei como será iso de "apagar os cristais da ventá" jeje.