mércores, 9 de marzo de 2011

Pelexa memorable



Onte cumplíronse 15 anos de unha das pelexas máis famosas da historia do fútbol español. Por suposto estou a falar da archicoñecida reña entre o daquela presidente do Atlético de Madrid Jesús Gil e a cabeza visible da S.D. Compostela, José María Caneda.
A disputa ocurreu na sede la Liga de Fútbol Profesional en Madrid onde a mañá dos feitos había reunión dos clubes.
Días atrás, José María Caneda declara que había que ser tonto para votarlle a Jesús Gil (alcalde de Marbella). As palabras non sentaron ben a Jesús Gil que acudiu a cita con dous gardaespaldas sabedor de que iba a haber "movida". Logo de que Gil recrimanara as súas palabras a Caneda comezou unha discusión que se foi acalorando. Fidalgo, xerente do Compostela "mediou" no conflicto e o que se levou de premio foi un soberano "trastazo" por parte do dono do mítico cabalo Imperioso.
A calidade do vídeo é regular pois daquela o que imperaba era o VHS.
Quédome con unha palabra que profire Caneda diversas veces nesta reportaxe que me fai moita gracia: "calamidá!"

3 comentarios:

vero86 dixo...

Ño!! Menuda disputa, non sabía eu disto (era pequena daquela jeje).

- Eres un chorizo!
- Tú sí que eres chorizo, calamidá!

jajaja

Unknown dixo...

Esta pelexa é mítica: Jesús Gil cos matóns ó lado e o xerente do Compos que recibiu un "hostión" (perdón pola expresións) digno dos mellores golpes da historia do boxeo.

O de "calamidá" é un documento tremendo..., jajaja.

vero86 dixo...

Ai eso sí, o lapote foi dos que fan historia!! jaja