xoves, 24 de marzo de 2011

Mañá e o día!

Mañá emprendemos rumbo a unha trepidante e intensa fin de semana. Falo nin máis nin menos que da despedida de solteiro de Javi. Foi Xixón o destino elexido, un lugar no que xa participamos noutra despedida, a de Pirulo (intercalandoa con Oviedo). Alí agárdanos un anfitrión de luxo: Óscar Amil, que unha vez máis será o noso anfitrión en terras astures.
Emprenderemos rumbo a aventura a media tarde, para aloxarnos no Hotel Gijón, en plena Praia de Poniente o lado do clube naútico, xa instalados na cidade cearemos na Sidrería Tierra Astur, xa coñecemos as dúas de Oviedo e agora toca descubrir a de Xixón, as impresións das outras veces foi espectacular. Logo da cea (que se prevee "movidita") sairemos a tomar uns "cafés" pola capital da Costa Verde.

Xa metidos no sábado a tarde prevese competitiva pois teremos competicións de Karts no circuito de Pola, os Vettel, Alonso, Raikonnen, Hamilton e demáis estarán alí (Schumacher causou baixa) para dar boa conta do circuito e da sidra no local que está pegado o circuito.


A partires de aquí comezarán unha serie de actos "delictivos" co noivo que poden ser a repera..., JAVI, a temblar!!!
Saudos que pasedes bo finde.



Ningún comentario: