xoves, 29 de xaneiro de 2009

Beckham: todo un profesional

David Beckham celebrando onte o gol fronte o Genoa
Sempre fun fan de David Beckham; dende os seus inicios no fútbol profesional no Manchester United. Beckham comezou a mostrar as suas dotes futbolísticas daquel magnífico equipo que tiñan os "Red Devils" cos Cantona, Giggs, Paul Ince, Lee Sharpe, Roy Keane, Peter Schmeichel... e onde él chegou acompañado por outros compañeiros da súa xeneración, os tamén chamados "Fergie´s Boys" (fabricación propia de Sir Alex Ferguson): Paul Scholes, os irmáns Neville, Nicky Butt e o propio Beckham.
David tiña algo que o facía especial, un toque de balón exquisito, en pouco tempo fíxose con un oco na banda dereita do ataque "vermello" e comezou a deleitarnos cos seus goles de longa distancia, e con miles de asistencias de gol tanto de falta coma de córner. Logo de gañalo todo en Inglaterra e chegar o seu cúlmen coma futbolista naquela recordada final da Champions League do Camp Nou onde o Manchester lle remontou o Bayern de Munich no desconto con goles de Teddy Sheringham e Ole Gunnar Solksjaer acadando así a segunda Copa de Europa na historia do United.
Pasadas unhas tempadas Beckham sucumbeu os cantos de serea do Real Madrid durante o "Florentinato" e acabou vestindo a camiseta branca comezando así a primeira aventura fora "das Illas".
A adaptación do Beckham o fútbol español non foi fácil, quizais moita da culpa tivoa a súa "glamourosa e posesiva" muller Victoria Adams que estaba máis interesada en que David a acompañase a diversos "saraos" que a que o seu marido se centrase na súa propia vida futbolística. Ademáis había o engadido de que a Victoria xamáis lle gustou España unido o escándalo que saltou no que "unha tal" Rebeca Loos proclamaba os catro ventos que tivera unha aventura amorosa con David. Por riba desto, Fabio Capello, adestrador nese momento dos "merengues" apartou a David polo baixo rendemento que segundo o adestrador italiano estaba a amosar. Beckham logo de uns meses no ostracismo e visto que acababa contrato en xuño firmou 5 meses antes por Los Angeles Galaxy evidentemente apoiado pola súa muller Victoria que neste caso si que se sentía atraida polas "estrelas e o glamour" que desprende Hollywood. Pasado un tempo Capello "levantoulle o castigo" ó inglés e este comezou a despuntar sendo unha peza básica para que o Real Madrid acabase remontando logo de ir 14 puntos por debaixo do F.C. Barcelona a metade da tempada e gañar a Liga. Unha Liga que para Beckham significaba moito pois por fin acadaba un título en España logo de moito loitar. Curiosamente cando Beckham mellor se encontraba nos terreos de xogo rematou a tempada e con ela a súa aventura no Real Madrid, comezaba o gran sono americano...
Na cidade "anxelina" foi recibido coma unha estrela da música acompañado como non pola "Spice Girl" Victoria pero a nivel futbolístico o soccer americano segue estando a anos luz das mellores ligas mundiais e Beckham "todo entrega" encontrouse con un equipo que non respondía pois salvo un par de xogadores os demáis en España seguramente non chegarían a xogar máis lonxe da 2ª B.
Agora e logo de un par de tempadas en América, mentres descansa o campeonato USA, os Galaxy e o Milan acordaron unha cesión por dous meses na que David estará no equipo lombardo ata o 9 de marzo. Moitos dubidaron do nivel que daría Beckham nunha gran liga coma a Italiana pero bastaron so 3 partidos para confirmar que o ex-capitán da selección inglesa segue a estando a un gran nivel, que é todo pundonor e vaciase o longo do partido, que dispón de un toque de balón como poucos a nivel mundial e que cada falta que executa ou cada cambio milimétrico de xogo que fai é un espectáculo para o público e fai levantar os aplausos do respetable. Onte puiden ver o Milan - Genoa e disfrutei nos 70 minutos que Beckham estivo sobre o céspede de San Siro. Dou unha lección maxistral de como se deben facer os cambios de xogo de 40 metros e de como se lanzan as faltas (ademáis obsequiounos con un bonito gol de free-kick). O "32" do Milan leva 2 goles en 3 partidos e o que é máis importante, véselle agusto cos seus novos compañeiros e acoplado o Calcio. Agora rumorease que David se quere quedar en Italia (Deus o queira) para non ter que voltar a Estados Unidos (unha liga moito menor), sen lugar a dúbidas de seguir no Milan terá moitas máis opcións de ir a Selección Inglesa, aínda que seguro que Victoria terá a última palabra...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que Vicky vai ter a última palabra case é visto, porque como lle dea por dicir que Milán tamén cheira a allo, verás ti que logo o escorrenta!

Unknown dixo...

A min dame que a "Posh" mándao volver para USA como está mandado. Europa quédaselle pequeno a pija esta, je je je.

Saudos

Anónimo dixo...

Pois menuda ínfulas, porque Europa non che é pequena! Pero vindo pa paxara esa...calquera cousa.